Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/2016

Mér, 29/04/2015 - 08:40

Xúntase a Resolución do 21 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2015/16.

  • Esta conovocatoria está dirixida a centros sostidos con fondos públicos en que se imparten as ensinanzas de educación primaria, educación secundaria e formación profesional.
     
  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de xuño de 2015, tendo en conta que o 31 de maio é día non hábil.