Gallego

Conferencia internacional EUfolio

O pasado 22 de abril tivo lugar en Dublín a conferencia internacional EUfolio que pecha o proxecto europeo do mesmo nome . Á  conferencia asistiron 250  participantes entre os que se encontran autoridades educativas, profesores e alumnos, entre eles representantes da Xunta, do Ministerio e da Embaixada española en Dublín http://eufolio.eu/conference.

No proxecto EUfolio colaboran 14 socios, representantes na súa maioría de Ministerios de Educación, dos seguintes países: Irlanda, Lituania, Eslovenia, Chipre, Bulgaria, España e Austria. O socio en España é a Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A idea para o proxecto EUfolio  procede do grupo 'TIC e educación", Grupo de Traballo creado no marco do Programa "Formación 2020 e  Educación", unha rede que inclúe 24 representantes dos  Ministerios de Educación da UE.

Os socios  reúnense no proxecto de dous anos cun interese común: a aplicación de portafolios electrónicos como parte do programa TIC na educación. O grupo de expertos de políticas educativas asociouse con investigadores, educadores e  profesionais e obtivo financiamento do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP), baixo a coordinación do Ministerio de Educación de Irlanda nunha convocatoria  europea, na que só dous proxectos obtiveron financiamento. Toda información e documentación do proxecto pódese atopar en  http://eufolio.eu/.
Entre os produtos finais do proxecto cabe destacar:

  • Dúas versións de ePortfolio para empregar nos centros dos países socios (Microsoft ou Mahara)
  • Directrices para a experimentación.
  • Guías de formación.

Vinte centros galegos participan na pilotaxe do e-portfolio. O proxecto pretende experimentar a utilización do e-portfolio en todas as materias apoiada por unha documentación suficiente que sirva como base para implementar e enfatizar os beneficios do e-portfolio na avaliación do alumnado.

Os ePortfolios resultantes do proxecto son espazos de traballo dixitais, dinámicos, do alumnado no que pode plasmar as súas ideas e o aprendizaxe, manexar o seu traballo e compartilo, reflectir sobre o mesmo, poñer metas e mostralo.
Estes ePortfolios que os alumnos manexarán, co apoio do profesorado, lles permitirán crear perfís, almacenar arquivos, crear resumos e publicar noticias. A organización está deseñada dun xeito que se adecúa ás novas necesidades xurdidas polo ensino TIC e as  competencias do alumnado. Os alumnos poderán participar en redes sociais e foros de debate dun xeito lúdico e ao mesmo tempo didáctico. A isto hai que engadirlle que os produtos elaborados polos alumnos serán avaliados por eles mesmos e polo profesorado.

A participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria enmárcase nas políticas de apoio ás novas tecnoloxías xunto coa estratexia transversal do goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores de actividade, recollida no marco de negociación egoberno2013. Nese senso enlaza co programa Abalar que recolle, suma e incrementa os recursos existentes para acadar a resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación dos nosos nenos na sociedade dixital do século XXI.

A Consellería de Educación volve a participar na convocatoria 2015 nun proxecto de Innovación educativa centralizado dos que  só se seleccionaron dous en toda Europa baixo o título: “ Assessment of Transversal Skills 2020”.
 

Gallego
Foto del congreso internacional EUfolio

Colectivo: 

Sección: 

Curso sobre seguridade TIC e menores de idade organizado por “Red.es”

Este curso, organizada por “Red.es”, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (MINETUR), ten a finalidade de que nais, pais e educadores coñezan e interioricen os diferentes riscos aos que se poden enfrontar os menores de idade, no seu uso cotiá das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Os contidos deste curso “online” preséntanse en obxectos de aprendizaxe multimedia, a través de secuencias que abordan os riscos TIC dunha forma práctica e amena, baseados en casos/situacións, tanto no ámbito familiar como escolar. Ademais, os estudantes disporán de múltiples materiais e recursos (unidades didácticas, xogos/actividades, monográficos…) e terán a oportunidade de compartir de forma colaborativa experiencias e actividades usando ferramentas e aplicacións 2.0. 

O curso comeza o 25 de maio e finaliza o 6 de xuño de 2015.

Para máis información e inscrición visitar o enlace aportado.

Gallego
Cartel do curso seguridade TIC e menores de idade

Sección: 

Concurso Escolar de Protección de Datos Persoais

O concurso ten o obxectivo de fomentar o coñecemento do dereito fundamental á protección de datos e promover a sensibilización do valor da privacidade entre o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria matriculado en calquera centro público, concertado ou privado do territorio nacional, a través dos respectivos centros.
O concurso consiste en superar nunha partida os Pandijuegos, aos que se accede a través da dirección web www.tudecideseninternet.es.
O concurso comezará ás 9,00 horas do 13 de maio de 2015 e finalizará ás 17,00 horas do 2 de xuño de 2015, podendo realizarse a inscrición en calquera momento deste período.

 

 

Gallego
Cartel do Concurso Escolar de Protección de Datos Persoais

Colectivo: 

Sección: 

Cursos de verán do MECD-UIMP 2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo  organizan estes cursos de verán que terán lugar desde o 30 de xuño ata o 17 de xullo de 2015.
A finalidade principal desta convocatoria é actualizar as competencias pedagóxicas e didácticas do profesorado en exercicio das distintas ensinanzas reguladas pola LOMCE co obxecto de poder responder adecuadamente aos desafíos educativos actuais.

Destacar os cursos organizados na sede da UIMP na Coruña:

O período de inscrición comezou o 5 de maio e finalizará o próximo 24 de maio de 2015.

Para máis información, consultar o enlace achegado máis abaixo.

Gallego
Logo do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Pecha a III Semana Mundial da Seguridade Viaria Infantil

Do 4 ao 10 de maio celebrouse a III Semana Mundial da Seguridade Viaria, instaurada polas Nacións Unidas para protexer a seguridade e os dereitos das persoas fronte aos accidentes de tráfico. Esta terceira edición centrou o seu obxectivo en poñer o foco no perigo que corren os máis pequenos nas estradas e na necesidade de adoptar medidas que melloren a súa seguridade. A ONU recorda que cada día perden a vida máis de 500 nenos en accidentes de tráfico en todo o mundo.

Dentro dos actos promovidos desde a ONU destaca a "Declaración dos nenos para a Seguridade Viaria" e a campaña "Save Kids Live" (que inclúe materiais de promoción en inglés, francés e español; a pancarta para facer os selfies está dispoñible en 8 linguas). Inspirados nesta campaña, distintos concellos e centros de ensino desenvolveron actividades para que os máis pequenos puidesen gozar da vía pública sen perigo, entre eles o Concello de Cambados, o CEP de Sequelo-Marín (Marín), o CEIP Vilaverde-Mourente (Pontevedra).

Por outra banda, a Dirección Xeral de Tráfico celebrou en Madrid a organización das súas xornadas, con eventos institucionais, actividades pedagóxicas, e presentación de materiais; entre eles, a presentación da campaña de educación viaria dos Bolechas para o ámbito estatal.

Gallego
Logo da campaña

Sección: 

Actualización do repositorio de contidos do portal espazoAbalar con 80 novos recursos educativos dixitais

O repositorio do portal espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 80 novos contidos educativos en formato dixital, realizados polo profesorado empregando distintas ferramentas de autor e tecnoloxías.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.438 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

Máis información

 

Gallego
Cartel do Espazo Abalar

Sección: 

Convocatoria para os centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE (2015)

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE) (DOG 4/05/2015).

  • Esta conovocatoria está dirixida a centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 10 de xuño de 2015.

Turismo presenta o concurso para traballos relacionados co Camiño de Santiago

A Axencia Turismo de Galicia convoca os Premios Camiño de Santiago co obxecto de distinguir as iniciativas destinadas á conservación e posta en valor das distintas rutas do Camiño.

Dentro destes premios estáblecese unha 4ª categoría destinada a traballos de carácter educativo en centros de primaria e secundaria.

Para obter máis información pódense consultar as bases desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

 

Gallego
Logo do DOG

Sección: 

Avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.

  • A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 27 e 28 de maio.
  • Os centros educativos disporán ata o día 5 de xuño inclusive para a corrección da proba e a gravación dos datos.

Ensinanza: 

Sección: 

Modelo de probas para a avaliación final de 6º curso de primaria

Coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrécese un modelo de probas para a avaliación de sexto curso de educación primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolto coa colaboración das Comunidades Autónomas e o MECD.

 

 

 

 

 

Gallego
Logo do Instituto Nacional de Avaliación Educativa