Gallego

Concurso eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño

Gallego

Publicada a Orde do 15 de maio de 2015 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 27 de maio de 2015)

Sección: 

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estancia socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estrán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa terra, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

Prazo de solicitude: ata o 10 de xuño de 2015.

Máis información no enlace achegado.

 

 

 

Gallego
Cartel dos campamentos específicos para persoas con discapacidade

Sección: 

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística (PIALE 2015)

Gallego

Publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. A exposición destas listas abre un prazo de dez días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, que rematará o 1 de xuño de 2015.

A documentación destas reclamacións, sen prexuízo de que sexa remitida por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.es.

Colectivo: 

Xornada Figueres 2015: Programación e robótica educativa e impresión 3D

Trátase dunha xornada organizada polo grupo de investigación DIM e a Asociación Espiral para toda a comunidade educativa.
Será unha xornada monográfica sobre a programación, a robótica e a impresión 3D aplicadas á educación e abarcará todas as etapas educativas, desde a primaria ata a universidade.
Celebraranse en Figueres, Xirona, os días 26 e 27 de xuño de 2015. Estará complementada tamén por unha xornada on-line aberta a todo o mundo.

Máis información no enlace achegado.

 

 

 

Gallego
Cartel da Xornada

Sección: 

Talento 3.0: fase de divulgación

Este proxecto, organizado pola Fundación Barrié coa colaboración da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está destinado á mellora da formación do profesorado na detección e educación dos talentos do alumnado.
Na súa fase de divulgación, impartiranse un número de conferencias en diversas cidades de Galicia co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade da detección e atención dos talentos dos nenos e nenas na aula.
Cidades, días e sedes:

  • Vigo: 25 de maio, 18:00 hs., sede Fundación Barrié. Convidados: Óscar Pereiro e Terio Carrera.
  • Lugo: 26 de maio, 18:00 hs., Salón de actos Facultade de Ciencias da Educación. Convidados: Estívaliz Veiga e Antonio Mourelo.
  • Ourense: 2 de xuño, 18:00 hs., Salón de actos do Colexio Maristas. Convidados: Daniel Minimalia e Ramón Conde.
  • Santiago de Compostela: 3 de xuño, 18:00 hs., Salón de actos da Facultade de Psicoloxía (USC). Convidados: Jorge Mira e María Soler.

Esta actividade está dirixida a todas as persoas que queiran asistir. Previa inscrición (no enlace aportado).

Acceso á inscrición desta actividade.

Gallego
Catel da actividade: Talento 3.0

Tema: 

Sección: 

Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital: profesional de contidos dixitais

O día 25 de maio de 16.45 a 20.00 horas terá lugar a xornada do mes de maio que se celebra dentro da campaña de divulgación das novas profesións da era dixital “ 1 mes 1 profesión dixital” .

Neste caso a temática é “ faite profesional de contidos dixitais”  a celebrar no salón 103 da Cidade da Cultura .

 

 

 

 

 

Gallego
Campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital

File: 

Tema: 

Sección: 

Convocatoria do Proxecto Educación Dixital para o curso 2015/2016

Esta iniciativa ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, poñendo a disposición dos centros un entorno virtual de aprendizaxe. Esta plataforma ou EVA aloxará os libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolverse a totalidade do currículo.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria e/ou 1º de ESO durante o curso 2015/2016.

O prazo para presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de galicia, rematando o xoves 11 de xuño de 2015.

Máis información no enlace aportado.

Gallego
Logo de EDIXGAL

Colectivo: 

Sección: 

Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de presentar a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, un documento de traballo presentado ao Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia o 24/04/15 co fin de ofrecer á comunidade educativa unhas pautas de traballo que promovan a adopción de boas prácticas no ámbito da convivencia escolar.

Pódese consultar o documento na seguinte ligazón.

 

 

 

Gallego
Cartel de educonvives

Xornadas sobre a mellora educativa do alumnado xitano

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte está a organizar as II Jornadas Educativas para a poboación xitana co título "Teorías y prácticas para la mejora educativa del alumnado gitano".

Lugar: Salón de Plenos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (Madrid)
Día: luns 15 de xuño de 2015

Para obter máis información pódense dirixir ao CNIIE a través de Mª Pilar Moro (tlf.: 917 459 433, enderezo electrónico: mpilar.moro@mecd.es).

Gallego
Logo Ministerio

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convócanse axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de maio de 2015 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.

Servizo relacionado: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: