Concurso eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño
Mér, 27/05/2015 - 11:32
Publicada a Orde do 15 de maio de 2015 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Comprende dúas modalidades:
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Modalidade B: ciclos de grao medio
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 27 de maio de 2015)