Convócanse axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo

Lun, 18/05/2015 - 09:13

Xúntase a Orde do 4 de maio de 2015 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.gal/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.