Gallego

Profesores/as interinos/as en programas educativos no exterior Portugal. Convocatoria 2017/2018 (prórroga das listas do curso 2016/2017)

Prazo

Desde o 17 de febreiro ata o 04 de marzo de 2017.

 

Descrición

Resolución da Consellería de Educación en Portugal pola que se prorrogan, para o curso 2017-2018, as listas de aspirantes a desempeñar postos en réxime de interinidade nos corpos docentes de Mestres e Profesores de Educación Secundaria contemplados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no Instituto Español "Giner dos Ríos" de Lisboa, de todas as especialidades convocadas no curso 2016-2017, de acordo coa Orde EDU/1481/2009, do 4 de xuño.

Destinatarios/as

Aspirantes a cubrir postos docentes en réxime de interinidade no Instituto Español "Giner dos Ríos" de Lisboa que, na data da publicación da convocatoria, non decaesen no dereito de permanecer nas listas, de acordo cos criterios de permanencia previstos nas bases oitava e undécima da convocatoria para o curso 2016/17.

Requisitos

Concurso de méritos por baremación.

SÓ deberán realizar a solicitude de participación nesta prórroga aqueles/as candidatos/as que queiran achegar perfeccionamento de méritos con posterioridade ao 2 de marzo de 2016. Quen non teña que achegar novos méritos non deberá realizar ningunha xestión para permanecer nas listas.

Gallego
Logo

Colectivo: 

Sección: 

Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/ IV Congreso Leer.es en Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012

A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes no marco dos seus respectivos programas para o fortalecemento das Linguas de Iberoamérica na Educación e Leer.es convocan o Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV Congreso Leer.es que se celebrará na cidade de Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012.


O congreso terá como obxectivos:

  • Impulsar o proxecto das linguas na educación.
  • Reflexionar sobre a ensinanza das linguas.
  • Afondar na importancia das linguas como eixo da transmisión cultural.
  • Analizar as relacións entre as diferentes linguas e as novas tecnoloxías da información.
Gallego
Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/ IV Congreso Leer.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

"Tictiza, Blog de Aula" do IES Río Cabe, Monforte (Lugo). 3º premio de Innovación Educativa 2010 Modalidade B (Introducción das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato

 

Sinopse:

Blog de aula de Bacharelato na materia de Lingua Castelá e Literatura, co obxectivo de amosar que as TIC e a tiza non están enfrontadas, senon que forman un tándem.

Autora: Mª Luz Paramio.

Nivel: Bacharelato.

Materiais (anexos): Memoria do proxecto.

 

 

 

 

Gallego
Tictiza

Sección: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Contido didáctico: