Título node Learning object
Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/ IV Congreso Leer.es en Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012
Xov, 19/07/2012 - 12:32
A Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI) e o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes no marco dos seus respectivos programas para o fortalecemento das Linguas de Iberoamérica na Educación e Leer.es convocan o Congreso Iberoamericano das Linguas na Educación e na Cultura/IV Congreso Leer.es que se celebrará na cidade de Salamanca do 5 ao 7 de setembro de 2012.
O congreso terá como obxectivos:
- Impulsar o proxecto das linguas na educación.
- Reflexionar sobre a ensinanza das linguas.
- Afondar na importancia das linguas como eixo da transmisión cultural.
- Analizar as relacións entre as diferentes linguas e as novas tecnoloxías da información.