Título node Learning object

Box.com
Mér, 17/10/2012 - 17:13
BOX

BOX.COM é unha ferramenta online gratuíta que permite ao profesorado almacenar todo o seu traballo na nube (espazo virtual sempre accesible nunha máquina con internet). Ten versión para Android e para Iphone e Ipad, polo que os arquivos poden ser descargados ou subidos desde calquera dispositivo móbil.
O rexistro nesta páxina é gratuíto e moi sinxelo. Só nos pedirá un correo electrónico e unha contrasinal. Unha vez rexistrados, BOX.COM daranos un espazo na nube de 5 GB.  
Subir contidos e descargalos ou compartilos co alumnado con outros/as compañeiros/as é realmente sinxelo. Unha vez subido un contido Box.com xera un link de enlace para compartilo con quen queiramos.
Tamén permite crear carpetas colaborativas onde podemos engadir outras persoas que usen esta aplicación. Con este tipo de carpetas cada vez que alguén engade un documento, visualiza algún xa colgado ou descarga algo, recibiremos un correo electrónico avisándonos do sucedido. A isto pódese sacarlle partido dentro da aula xa que se queremos compartir documentos co  alumnado (imaxes, apuntes, vídeos...) teremos un aviso puntual no noso email de qué alumnos o viron ou cales o descargaron.
O uso máis simple de esta ferramenta basease en que o profesor organice os seus documentos na nube, a través de carpetas, e así os teña sempre accesibles desde calquera ordenador do centro con acceso a internet.

Máis información: Videotitorial de René Torres Viso