Título node Learning object

Audacity
Sáb, 28/03/2020 - 08:57
AUDACITY

Audacity é un editor de audio.
Un editor de audio permite recoller un son e transformalo no que queiramos, ofrecendo as posibilidades de cortar, modificar, mesturar e engadir outros sons.

Coa ferramenta de audio poderemos:

  • Gravar audio en vivo.
  • Converter cintas e gravacións a son dixital ou CD.
  • Editar arquivos Ogg Vorbis, MP3, WAV e AIFF.
  • Cortar, copiar, unir e mesturar sons.
  • Cambiar a velocidade ou ton dunha gravación.