Técnicas de instrumentación con orquestra escolar
Ampliada a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, bacharelato).
Lun, 25/09/2017 - 10:28
Ampliada ata o 1 de outubro a inscrición no curso na Rede G1701025 - "Técnicas de instrumentación con orquestra escolar", dirixido a profesorado de música (Primaria, ESO, Bacharelato).
Este curso pretende axudar ao profesorado na utilización da orquestra escolar mediante a elaboración e edición de arranxos musicais e outros recursos (improvisación, contos musicais, contos mimables...) dirixidos á aprendizaxe do maior número de contidos a través da práctica instrumental e vocal.
Os datos do curso son os seguintes:
- Data de comezo: 16 de outubro
- Data de finalización: 27 de novembro
- Horas: 30 horas
- Prazas: 50
- Inscrición: Ata o 1 de outubro en Fprofe
- Plataforma de celebración: Platega2