A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación
A Consellería de Educación e O.U. participa como socio no proxecto europeo ATS2020 (Assessment of Transversal Skills (http://www.ats2020.eu/) sobre a avaliación das competencias dos estudantes.
A finalidade do proxecto é avaliar as competencias dos estudantes mediante o uso do portfolio dixital nas materias dos primeiros curso de educación secundaria e últimos cursos de educación primaria, así como estudar e elaborar modelos de aprendizaxe a través das TIC.
O vindeiro 2 de abril (sábado) impartirase unha formación presencial en Santiago de Compostela para dar a coñecer o proxecto e centrarse na utilización do portfolio dixital na plataforma Mahara (http://mahara.eufolio.eu/) para traballar na aula, tendo como obxecto a avaliación das competencias dos estudantes.
Máis información en fprofe:X1502051 - A Utilización do Portfolio Dixital na Avaliación