Kits de aula dixital
Aberto o prazo de matrícula para a formación sobre o equipamento dos novos Kits de Aula Dixital instalados
Lun, 07/03/2016 - 14:19
Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación relacionada co novo equipamento (kits dixitais) instalado recentemente nas aulas do seu centro.
Os principais obxectivos son:
- Familiarizar ao profesorado co equipamento dos novos kits de aula Dixital instalados.
- Coñecer o software específico de manexo do EDI e outras aplicacións instaladas na maqueta Debian dos portátiles
- Presentar metodoloxías e recursos que permitan aproveitar a interactividade do EDI
Estes cursos impartiránse no terceiro trimestre. Os presenciais constan de 12 horas en 4 sesións de 3 horas. O curso en rede, que consta de 30 horas, comezará unha vez rematados os cursos anteriores, profundizando nos contidos vistos nos presenciais.
O profesorado interesado pode inscribirse, a través da web de formación do profesorado: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
- C1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. A Coruña
- O1502015 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ourense
- P1502019 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Pontevedra
- L1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Lugo
- F1502018 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Ferrol
- S1502034 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. CAFI
- V1502014 - Introdución ao kit das aulas dixitais Presencial Xornadas. Vigo
- G1501105 - Sacando partido ás aulas dixitais. En rede
Os destinatarios son todos os docentes que impartan en Primaria, Secundaria e Bacharelato, sendo a data límite para inscribirse o día 18 de marzo.