Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

PLATEGA. 2º TRIMESTRE. Prazas dispoñibles.
Lun, 14/12/2015 - 12:09
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning
Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning

MODALIDADE: online (PLATEGA)

NÚMERO DE HORAS: 50

INSCRICIÓNhttps://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66780

Constituído arredor da ferramenta eXeLearning, pretende situala no seu lugar: Por un lado pretendimos afastarnos da idea da ferramenta como fin, pero sen chegar ao punto de considerala un medio "transparente". As ferramentas tamén condicionan o uso que facemos de elas e, en consecuencia, a nosa interacción co mundo real (metodoloxía).
Parece inevitable a necesidade de formular algún tipo de obxectivo educativo previo que nos vaia a servir de guía ao longo do desenvolvemento do curso. Esta declaración inicial de principios permitiranos ir tomando decisións tecnolóxicas de calado.
O curso está inspirado na metodoloxía de traballo do Centro de Desenvolvemento Currirular en Sistemas Non Propietarios (CEDEC).

FINALIDADES INSTRUCTIVAS:

  • Axudar ós estudantes a comprender un conxunto de dilemas sobre os recursos dixitais escolares cos que, no contexto da sociedade da información e da comunicación, os profesores han de enfrontarse á hora de planificar os procesos de ensinanza e de aprendizaxe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e a valorar os factores, mecanismos e condicións que favorecen unha aprendizaxe comprensiva dos contidos escolares.
  • Axudar ós estudantes a desenvolver a autoaprendizaxe no uso de ferramentas contedoras de contidos escolares, concretamente eXeLearning.
  • Axudar ós estudantes a experimentar a transformación colaborativa de Recursos Educativos Abertos coa ferramenta eXe.
  • Axudar ós estudantes a comprender e valorar a existencia de novas estruturas rede ao servizo do traballo colectivo e colaborativo.

METODOLOXÍA:

O curso contén diferentes tipos de tarefas (lectura, creación de textos, discusión, construción e publicación de contidos) para as que será imprescindible a interacción social dos participantes, é por isto que os diferentes módulos non aparecerán abertos dende o comezo, senón que seguiremos unha secuenciación común de tarefas.

Partimos da seguinte conceptualización psicopedagóxica tomada do profesor Juan Carlos Pardo Pérez: Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. O presente curso enmárcase explícitamente nunha concepción constructivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  • O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  • Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  • Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas persoas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  • Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).