Xornada escolaTAC para Educación Infantil e Educación Primaria

Este sábado 28 de novembro terá lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) en Santiago de Compostela a primeira edición de escolaTAC, un evento paralelo ao xa coñecido escolaTIC do que se celebraron dúas edicións.
Xov, 26/11/2015 - 11:22
escolaTAC

escolaTAC é unha actividade organizada polo Centro Autonómico de Formación e Innovación que está fortemente centrada en obradoiros nos que os mestres e mestras das etapas de Infantil e Primaria terán a oportunidade de vivenciar diferentes formas de traballo (aprendizaxe baseada en proxectos, ludificación, resolución de problemas, creatividade...), integrando medios tecnolóxicos (realidade aumentada, dispositivos móbiles, impresión 3d, videoxogos…) e utilizando novas linguaxes (narrativa transmedia, programación…).

Esta xornada completarase coa edición para Secundaria e Bacharelato que terá lugar no segundo trimestre e cuxa inscrición aínda está aberta.

Toda a información relativa a este evento pódese consultar en www.escolatac.gal