Estancias profesionais para centros e profesores
Publícanse no BOE as convocatorias de estancias profesionais dirixidas ao profesorado que imparte ensinos regulados por LOE e aos centros educativos de todo o territorio nacional e destinadas a fomentar intercambios profesionais e culturais entre centros e docentes doutros países europeos. O profesorado poderá realizar estancias en centros educativos de Alemaña, Austria, Francia, Reino Unido ou Suíza, que lles ofrecerá a oportunidade de coñecer diferentes sistemas educativos e fórmulas de organización e xestión de centros, ademais de ampliar as súas estratexias de ensino e aprendizaxe dunha lingua estranxeira ou nunha lingua estranxeira. Os centros que o desexen poderán acoller a profesores dalgún dos países participantes na convocatoria.