II Xornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio na infancia: 0-6 anos
O venres 28 de febreiro e sábado 1 de marzo celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña o 3º Bloque das xornadas esta vez centradas en Patrimonio etnográfico.
O venres acompañarannos Lois Ferradas, decano da facultade de Ciencias de Educación coa ponencia “Patrimonio e a nova cultura da infancia”.
Pablo Carpintero Arias . Membro da directiva Asociación de Gaiteros Galegos. UV: “Os valores do Patrimonio Cultural Inmaterial: utilidade pedagóxica para os máis pequenos”.
Para finalizar, Preescolar na casa relataranos a súa traxectoria e as actividades que desenvolve con educaBarrié.
O sábado mostrarán experiencias o Proyecto guappis: “Tablets e Memoria Cultural: aplicacións na aula”, o colectivo Ponte nas Ondas: ”O patrimonio inmaterial galego-portugués como recurso educativo.”, o CEIP Mosteiro de Caaveiro: “Os xogos de sempre na escola da Capela” coa presenza de nenos de primaria como monitores da actividade. E o CEIP Ana María Diéguez: “Imos de Romaría”.
Pola tarde nos acompañarán os músicos Antonio Castelos Boutureira e Gutier Álvarez Vázquez co Obradoiro: Os nosos ritmos.
Máis información VISITA A PÁXINA WEB