O CERN lanza un concurso para estudantes españois
O CERN, xunto coa Fundación Príncipe de Asturias (FPA), desexan promover a importancia da ciencia e a tecnoloxía nas nosas vidas, así como a importancia do esforzo colectivo para acadar obxectivos tan ambiciosos como o descubrimento do bosón de Higgs. Neste senso, o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica de 2013 recoñeceu aos físicos teóricos Peter Higgs e François Englert, que propuxeron a teoría do bosón de Higgs, e aos científicos e enxeñeiros do CERN polo seu descubrimento no LHC, onde hai unha importante participación española.
Por esta razón o CERN e a Fundación Príncipe de Asturias lanzan conxuntamente, coa colaboración do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear (CPAN), un concurso dirixido a estudantes españois para que conten a súa percepción da ciencia, da tecnoloxía, dos retos futuros e de como ven como a ciencia pode crear un mundo mellor.
O concurso está dirixido a estudantes de centros educativos españois (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que poden presentar tanto un Debuxo / Foto / Vídeo como un Artigo / Historia / Nova sobre un ou varios dos temas enumerados nas bases do concurso.
Algúns dos temas propostos son: ¿En que mellorou a Ciencia / Tecnoloxía fundamental a túa vida? ¿Que é a Ciencia / Tecnoloxía para ti? ¿Cambiará o bosón de Higgs un día a miña forma de ver as cousas?
A data límite para presentar o traballo é o 31 de xaneiro ás 23:59.
Todos os traballos seleccionados recibirán un agasallo sorpresa pola organización do concurso (50 por modalidade e categoría de idade).Tamén recibirán un agasallo os centros educativos e profesores que estimulen a participación dos seus alumnos/as.
Os 6 gañadores serán invitados a visitar a sede do CERN en Xenebra (Suíza) durante dous días con un programa adaptado a súa idade.
Os gañadores daranse a coñecer o 7 de marzo, e a visita ao CERN farase do 16 ao 17 de abril de 2014.
Máis información:
Web do concurso en CERNL: http://www.cernland.net/concurso/