Skip to Content

EDLG

SABEDES QUE É PONTE NAS ONDAS??? PNO

ue é Ponte… nas Ondas?

PONTE…NAS ONDAS! é unha Asociación Cultural e Pedagóxica que, desde 1995, realiza actividades educativas e culturais en Galicia e no Norte de Portugal. Entre os fins da asociación están a promoción de actividades culturais e pedagóxicas así como a promoción da identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono. A estas finalidades engadíuselle no ano 2002 o compromiso de traballar na recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses.

Grazas á cooperación entre escolas de Primaria e Secundaria, ao longo de máis dúas décadas, realizáronse diversas actividades desde os centros educativos das dúas marxes do río Miño, construíndo unha ponte de comunicación que atravesa a fronteira de dous territorios, descubrindo un patrimonio común compartido pola antiga Gallaecia.

En 2001, a Asociación abraza o proxecto da UNESCO ‘A ruta do escravo’ para, a partir do ano 2002, centrar as súas accións no patrimonio inmaterial.

Neste contexto, impulsada polas primeiras proclamacións das Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial, promóvese a primeira Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

A proposta de candidatura é presentada aos gobernos de Portugal e de España por unha comisión de profesores e asesores da Asociación tras un importante traballo de campo, de documentación, investigación e un intenso labor de divulgación realizada polas escolas da Euro-Rexión Galicia Norte de Portugal. Posteriormente, en 2004, realízase a entrega da Candidatura en París conxuntamente coa representación diplomática de Portugal e España na UNESCO.

Coa entrada en vigor da Convención do Patrimonio Cultural Inmaterial, o traballo de PNO! continúa centrado na preservación, difusión e transmisión deste patrimonio común, para o que organiza diversas actividades: Mostras de Patrimonio, Concursos escolares de recollida do patrimonio oral, Congresos, Xornadas pedagóxicas, encontros con persoas portadoras, etc.

Ao longo destas dúas décadas, PNO! foi construíndo unha rede de persoas, escolas, universidades e institucións que buscan o recoñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués no mundo.

 

CONCURSO DE RECITADO ROSALÍA SEMPRE VIVA

Concurso escolar de recitado de poesía Rosalía sempre viva.

Este certame, que convoca a Casa-Museo Manuel María, está dirixido para o alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de todos os centros educativos de Galiza.

O prazo de preinscrición dos centros que desexen tomar parte finaliza o 24 de xaneiro. 

Rosalía sempre viva”, unha programación especial en torno á figura de  Rosalía de Castro - Observatorio Territorial del Noroeste Ibérico

Clickando aquí,  tedes as bases.

 

NOVAS DECEMBRO

aRi[t]mar GZ e PT (@aritmar_gz_pt) / Twitter

CONCURSO ARRITMAR

A EOI de Santiago de Compostela coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de presentar PLAY ARI[T]MAR, unha aplicación web que reúne músicas e poemas galegos e portugueses que 
foron galardoados ou finalistaS nas diferentes edicións aRi[t]mar que  se levan convocado desde 2016. As obras atópanse principalmente en Forma de vídeos musicais e videopoemas, aínda que a plataforma tamén conta con versións escritas das poesías e letras de cancións e  outro material  complementario. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_826.html.

NOVIDADES NO PORTAL DA LINGUA (SXPL)

- QUE GARDA O TEU CHINEIRO?, un caderno de xogos, obradoiros e brincadeiras para alumnado de infantil e 
primaria. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_841/que-garda-teu-chineiro-antaxurada.

ATLAS DE EUROPA, unha ferramenta útil para o ensino e aprendizaxe da  xeografía europea nas aulas de 6º de primaria, ESO e 
bacharelato. https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_830/atlas-europa-andavira-editora.
 
PRESENTACIóN DO PROFESOR DíAZ-FIERROS "FRANCISCO FERNáNDEZ DEL  RIEGO. CAMIñO (BEN)ANDADO", unha síntese do relatorio impartido na  XVIII Xornada de Normalización Lingüística organizada por Ferega sobre  a figura do autor ao que a Real Academia Galega lle dedicará o Día das 
Letras Galegas do  2023. https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1906/fernandez-del-riego-1913-2010-camino-benandado.

- Por outra banda, a Fundación Ramón Otero Pedrayo, co apoio da SXPL,  convoca o PREMIO ANUAL OTERO PEDRAYO PARA ALUMNADO DE ESO E   BACHARELATO, co fin de contribuír ao coñecemento e perpetuar o legado 
do escritor ourensán. O prazo límite de envío dos traballos, escritos  ou audiovisuais, das dúas categorías (individual e de grupo) será o 20  DE FEBREIRO. Tedes as bases  en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0162/premio-anual-otero-pedrayo-para-estudantes-eso-bacharelato.
 
-  para rematar, se desexades, podedes votar na campaña da Real 
Academia Galega e da Fundación Barrié A PALABRA DO ANO 2022, ata o 11 
DE DECEMBRO, desde 
aquí: https://academia.gal/-/palabra-do-ano-2022-fase-1.

 
- Concurso Novos Talentos de Relato Curto, a 14.ª edición!

O talento e imaxinación non teñen límites e por iso, un ano máis o concurso con máis historia e máis historias, volve. Esta vez, profes, querémosvos acompañar no voso camiño como aliados para os vosos alumnos nunha viaxe en clave de inspiración, creatividade e colaboración.

Temos moitas novidades que contarvos e, aínda que nos próximos días poderedes coñecer todos os detalles desta nova edición na web de Fundación Coca-Cola, gustaríanos avanzarvos que o Programa de Aulas Dixitais celebrará a súa primeira edición híbrida, que consistirá nun encontro presencial e dixital que incluirá novos bloques formativos que vos brinden diferentes recursos que sexan do voso interese na aula.

Accede á web do concurso

 

 

Accede á Páxina Web do Concurso

 - A COVA OS LIBROS FANTÁSTICOS NO PAZO DA CULTURA:

Apertura da Cova dos libros fantásticos no Pazo da Cultura - Pontevedra Viva

Como moitas de vós xa sabedes, o Concello de Pontevedra acaba de abrir un novo espazo para as familias:  A Cova dos Libros Fantásticos. 

 A Cova ofrece máis de 3.000 títulos de literatura infantil e xuvenil e está na sala de obradoiros do Pazo da Cultura, no andar baixo. Abre os luns e os xoves de 17 a 20 horas e os sábados de 10.30 a 13.30 horas.  A entrada é de balde pero será preciso facerse socio ou socia para poder levar libros emprestados para casa e para coñecer a programación e as novidades que vai a ir ofertando ese espazo. Abrirá todo o Nadal, agás na primeira semana de xaneiro. 

 

 

Ademais, a partir de agora A Cova dos Libros Fantásticos será tamén un espazo de encontro e actividades para o programa Apego en Pontevedra. (Xa vistes no programa deste outono que as actividades de interior son alí). Esperamos compartir con vós moitas horas de aprendizaxe e lecer desde o apego pola nosa lingua.

LEDICIA COSTAS NO NOSO CENTRO!!!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/521

O martes 15 de novembro, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas que nos falou   da súa vida e a súa obra. Moi amablemente, respostou a todas as preguntas que o noso alumnado lle fixo, e empregou moito do seu bo facer en asinar todos os libros que os rapaces e rapazas trouxeron. E damos fe de que foron moitos! Porque resulta ser a escritora favorita de moitos deles.

Asombrounos a súa cercanía, a súa amabilidade e a súa capacidade para facer unha dedicatoria personalizada a cada un deles. Para nós, foi un  placer. Esperamos que para ela, tamén.

E como o noso alumnado quedou encantado coa súa presenza, pedíronme que ao final do vídeo a invitara a volver cando quixera. 

O acto foi organizado polo departamento de LCelit coa colaboración do EDLG e o departamento de LGeLit.

TRES RÚAS PARA TRES MULLERES

Tres rúas para tres mulleres

O sábado 5 de Novembro, o Concello de Pontevedra organizou un acto para celebrar a inauguración de tres novas rúas da vila; esta rúas reciben nome de muller coa fin de visibilizar as súas figuras históricas e o seu perfil de pioneiras, loitadoras pola igualdade ou mesmo represaliadas e perseguidas: Vasquida García (menciñeira acusada de bruxaría no século XVI), Dolores Trabado (pioneira da condución) e Ernestina Otero (profesora represaliada).

O acto consistiu nunha intervención do Sr. Alcalde de Pontevedra, nas intervencións dos familiares das homenaxeadas e unha dramatización arredor das historias destas, protagonizadas por un marabilloso trío de alumnas de 1º de bacharelato: María Araujo no papel de Vasquida García, Carmen Fernández-Arruti no papel de Dolores Trabado e Cristina Gómez no papel de Ernestina Otero, dirixidas por Tero Rodríguez que soubo sacar as mellores cualidades interpretativas das mozas. Acompañou o acto a Banda de saxofóns de Redondela, mozos e mozas que coa súa directora puxeron broche de ouro musical á esta posta en escea.

A interpretación das rapazas foi entrañable, emotiva e mesmo espectacular pois nos impresionaron coas súas dotes dramáticas sendo tan novas e sen experiencia; as súas voces foron quen de conmover aos asistentes talmente como se estiveramos escoitando ás donas protagonistas da homenaxe.

Amosaron ser xoves profesionais e responsables dos seus papeis polo que recibiron felicitacións do Sr. Alcalde (que tivo unha fermosas palabras para elas e para o instituto), a Sra. Concelleira de Cultura, dos familiares das donas protagonistas das rúas (que quixeron fotografarse coas mozas, “a súa avoa” como ben dixo o neto de Ernestina) e de todos os asistentes.

Parabéns para elas, as alumnas, que nos achegaron ás grandes mulleres que dan nome ás rúas de Pontevedra e que nos fixeron emocionarnos e sentírmonos ben orgullosas delas.

 

 

IV XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA

IV XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA

CONTRA A IMPUNIDADE, AS IDEAS ROUBADAS 

As IV Xornadas Contra a Impunidade Franquista organizadas polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra debaterán este 2022 sobre a “demonización” de opcións políticas e ideolóxicas deturpadas polo réxime. Baixo o título ‘As ideas furtadas’, esta nova edición celebrarase os días 11 e 12 de novembro coa participación de relatoras como Manu Levin, Pilar Allegue, Fernando Rueda, Aitor Esteban (PNV), Olaia Rodil (BNG) ou Joan Tardá (ER), entre outras.

A inscrición, por estrita orde de entrada, está aberta en depo.gal

 

NOVAS DE NOVEMBRO

- OBRADOIRO DE REGUEIFA DÍA 14 CO RABELO E NURIA!!!!  (ACTIVIDADES SNL DE PONTEVEDRA)

Comeza a VI edición do certame “Enreguéifate” - Revista PinchaEnreguéifate - Inicio | FacebookEnreguéifate - Home | FacebookAula de regueifa no Camballón con Nuria Penas e Lorena Medela - Faro de Vigo

- VISITA DE LEDICIA COSTAS DÍA 15(ACTIVIDADE COMPARTIDA CO DEPARTAMENTO DE CASTELÁN E COA BIBLIOTECA)

Resultado de imaxes para ledicia costas

- DORES DÍA 16: VISIONADOE E COLOQUIO  COA DIRECTORA DO DOCUMENTAL, CORAL PIÑEIRO  (ACTIVIDADES SNL DE PONTEVEDRA). Aquí podedes ver o tráiler.  Tamén vos deixamos outros proxectos dela moi interesantes como INFINITAS 8M

Recomenda #2 - Coral Piñeiro González - YouTube

 

PANO CORADO, VISIBILIDADE SEXUAL NA NOSA LINGUA

 

Pano corado é o noso grupo de apoio LGTBIQ+. Os que asistides ás reunións xa sabedes que Sabela Campos Rivas e Marina Albela son as artífices desta fabulosa iniciativa

Nesta ligazón tedes a dirección de instagram.

Acaban de estrearse cunha publicación fabulosa sobre a asexualidade.

 

CERTAME PODCAST O VELLO DOS CONTOS

V Premios Internacionais de Podcasts Xosé Mosquera Pérez “O vello dos contos"

Xosé Mosquera Pérez - Wikipedia, a enciclopedia libre 

Tedes as bases colgadas, trátase dunha iniciativa de podcast que promocione ao autor das Letras Galegas 2022 que é FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, ou que promocionen algún tema de interese para a lingua e para a cultura. Iremos comlementando a información.

 

 
 O Vello dos contos" o certame de podcast, xa ten finalistas | Actualidad |  Cadena SER

 

CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA E ARTÍSTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CONCURSO DE CARTEIS E AUDIOVISUAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DA CEOU (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria). O prazo remata o 31 de outubro. Cliclando no título accededes ás bases da convocatoria.

 

Vectores e ilustraciones de Stop violencia genero para descargar gratis |  Freepik

 

 

 

CONCURSO DEBUXO e LEMA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA  (en elaboración, tedes que agardar un chisquiño)

 

Violencia de género: características, riesgos y prevención

 

Distribuir contido


by Dr. Radut