Skip to Content

Lingua galega e literatura

OBRADOIRO IGUALDADE CIM: HAKEANDO O MACHISMO

O xoves pasado, 9 de xuño, tivemos o pracer de coñecer a Priscila Retamozo quen impartiu un obradoiro de igualdade centrado en como combater o machismo nas novas tecnoloxías.

Los talleres de prevención del machismo y la violencia sexual desarrollados  por Igualdade ya han llegado a medio millar de estudiantes de la ciudad -  Vive Pontevedra

Los IES reciben a las Almas Meraki para hackear al machismo en las redes -  SALAMANCArtv AL DÍA - Noticias de Salamanca

Priscila Retamozo Ramos é politóloga, está especializada en coeducación, violencia contra as mulleres e políticas públicas con perspectiva de xénero. Ten experiencia como Asistente técnica na ONU Mujeres Ecuador, así como impartindo cursos, obradoiros e ponencias para a sensibilización e prevención da violencia de xénero, o fomento do bo trato e a coeducación.

 

La politóloga Priscila Retamozo da el pistoletazo de salida a la  celebración del 8M - Faro de Vigo

E, en relación a isto, Priscila é tamén coautora da obra Comando igualdade xunto con Chis Oliveira  denominación dunha marabillosa e inspiradora iniciativa levada a cabo no IES Alexandre Bóveda de Vigo que foi un punto de inflexión no desenvolvemento de estratexias feministas e ruptura de prexuízos. 

Comando Igualdade escribe su historia - Faro de Vigo

 

Con Priscila, prendemos e desaprendemos porque hai que desbotar para avanzar.

 

MEMORIA HISTÓRICA E MULLER. VISITA A SAN SIMÓN

O alumnado que pertence aos Clubs de Lectura, ao Equipo de Normalización Lingüística (EDLG) e ao Comité de Igualdade, realizou unha visita á illa de San Simón, lugar tristemente ligado á memoria histórica, e posteriormente acudiu ás Salinas de Ulló en Vilaboa, para coñecer unha importante mostra do patrimonio cultural que conservamos preto de Pontevedra. Durante a visita guiada á Illa, alén de coñeceren as diferentes edificacións e posteriores restauracións e creacións de César Portela ou a vexetación endémica do lugar, aproveitouse este idílico escenario para que o alumnado realizase u unha lectura de poemas organizada por Anxos Rial.

AQUÍ PODES VER O ÁLBUM

VISITA DE COMPAÑEIROS DA ASOCIACIÓN ESTUDANTIL ERGUER!

O venres da semana pasada, 27 de maio, militantes e colaboradores do sindicato estudantil galego ERGUER estiveron no noso centro para falarnos de prexuízos lingüísticos tanto en 1ºBACH como en 4º da ESO. Nós aproveitamos o recreo para falarmos con eles sobre outro tipo de prexuízos, os machistas, que tanto entorpecen o noso desenvolvemento como comunidade. De feito, comentáronnos que agora estaban cos obradoiros de sociolingüística pero o curso pasado traballaron o tema da igualade en diferentes institutos de Galicia.

Foi un pracer falar con eles  e ver que o voluntariado comprometido consegue metas.

O COMITÉ DE IGUALDADE, DE VISITA NO SALÓN DO LIBRO

  Vuelve el "Salón do libro infantil e xuvenil" a Pontevedra - Vigopeques

Como ben sabedes, o alumnado colaborador co Comité de Igualdade, foi de visita ao Salón do Libro acompañado polos compañeiros e compañeiras de dinamización, e dos clubs de lectura. Todos e todas asistiron a un concerto sociolingüístico no que membros de Zënzar amosaban diferentes cancións deles e doutros grupos que cantan na nosa lingua, ao tempo que facían reflexionar sobre o seu uso. Por outra banda, unha compañeira  da veterana banda chamada LAURA ROMERO, achegounos un proxecto feminista propio MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS (https://musicasgalegasilustradas.com/), que xorde da necesidade de encher un baleiro ben significativo, o das mulleres que se dedican á música, para visibilizalas e poñelas en valor. Actividade redonda!!!!

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS A (DES)MEMORIA NAS AULAS

A (des)memoria nas aulas

Este sábado 30 de abril, celebráronse no antigo edificio da Delegación de Educación en Pontevedra, as Xornadas chamadas "A (des)memoria nas aulas" organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria  Histórica. As profesoras Anxos Rial e Conchi Díaz, acompañadas por 3 alumnos destes centro (Carme Fernández, Gabriel Tomé e María Araújo), foron invitadas polas súas aportacións a este tema a través dun proxecto realizado cos alumnos de 4º ESO.

O obxectivo das Xornadas é facilitar un lugar de encontro para que o profesorado da provincia poida coñecer novos recursos, ideas e proxectos para abordar nos centros de ensino a Guerra civil, a ditadura e a represión.

 

 

 

 

PREMIOS ERNESTINA OTERO

PREMIO ERNESTINA OTERO AO FOMENTO DA IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

O venres 4 de marzo acudimos á recollida do segundo premio do concurso intercentros Ernestina Otero que premia traballos realizados que fomentasen a igualdade dende a acción de visibilización das mulleres e coeducativas.

O proxecto presentado polo noso centro e desenvolvido no curso anterior,  Entre Donas ás beiras do Lérez, foi recoñecido cun segundo galardón na categoría de educación secundaria. Os demais gañadores foron o IES Luís Seoane, primeiro premio na mesma categoría ca nós, e o CEIP San Martiño, na categoría de educación infantil e primaria.

Por se tedes curiosidade e queredes lembrar traballos e aquelas iniciativas nas que traballastes, non deixedes de visitar no noso curso virtual aberto ENTRE DONAS.  Aquí atoparedes numerosos recursos e actividades que fomentan a coeducación dende un punto de vista feminista. 

 

 

ACTIVIDADES 8M AS MULLERES QUE HAI EN MIN

As mullleres que hai en min e en…… Tick Tock!!!
Todos e todas temos no maxín diferentes mulleres que nos influíron positivamente ao longo
da nosa vida. Deste xeito, e dende o Comité de Igualdade, convidámosvos a homenaxealas
con pequenos audiovisuais que se colgarían na nosa próxima canle de TIck Tock
Que hai que facer? Audiovisuais
- Vídeos breves, máximo 1 minuto, nos que deades conta de quen é ou quen son esas
mulleres que vos influíron.
Como os desenvolvemos? Formato para Tick Tock
- En canto ao formato, o audiovisual que fagades debe comezar coa seguinte
presentación: “ O meu nome é.......................................... , son alumno/profesor.... do
IES Sánchez e quérovos falar da muller/ou mulleres que forman parte de min...”, e a
continuación debedes explicar quen é esa muller e por que ten un lugar especial na
vosa vida.
Cal é o sentido? A onde irán estes vídeos?
- A finalidade é crear materiais orixinais para a nosa nova canle de tick tock que poidan
axudar a visibilizar figuras femininas.
Como tes que achegar os teus traballos?
- En formato audiovisual á seguinte conta de correo comitedeigualdadeisc@gmail.com

SAN VALENTÍN, NON NOS VEÑAS CON LERIAS!

Este curso quixemos darlle a volta a San Valentín, data que nos fala de relacións afectivas aínda que como ben sabedes,  o machismo e a concepción patriarcal do amor fan que en moitas parellas se asuman roles e actitudes nocivas.

Para poñer de manifesto todos estes prexuízos e o alumnado do Comité de Iguladade elaborou unha cartelería anunciadora que  rompe tópicos e redeseña esta data dende a diversidad e o equilibrio.

Adxuntamos fotos dos traballos.

 

 35 Señales de una relación tóxica - Foro de PsicólogosConjunto de familias y parejas que viajan. diferentes personas de moda con  equipaje, niños. colección de vectores coloridos en estilo de dibujos  animados. | Vector Premium

 

OS VISITANTES DO VENRES 19 DE NOVEMBRO

Sempre é una ledicia e tamén un orgullo recibir aos antigos estudantes do centro que lembran con agarimo este espazo no que medraron.  E así sucedeu o pasado venres 19 de novembro, cando nos visitaron 2 exalumnos do IES Sánchez Cantón para compartir con nós os seus coñecementos e experiencias vitais.

 Por unha banda, Luis Bará ofreceu una charla sobre memoria histórica ao alumnado de 4º ESO (presentado polo profesor Anxo González Guerra, sempre vinculado ao noso instituto), charla que  os rapaces e rapazas escoitaron con moito interese.

 Por outra parte, Manuel Jabois achegouse ao noso centro para apadriñar ao alumnado de 1º ESO, e ademáis de contarlles da súa vida no instituto, contestou a todas as preguntas que eles lle fixeron.

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut