Skip to Content

EE.DD.

CICLO MEDIO DE TÉCNICO DEPORTIVO EN FÚTBOL

 

 EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

EXAMES FINAL DE CICLO (BALÓNMÁN NIVEL 3)

 

 

CONVOCATORIA ORDINARIA (N2)

CICLO MEDIO DE TÉCNICO DEPORTIVO EN FÚTBOL CURSO 2021-2022

Calendario convocatoria ordinaria Fútbol (Nivel 1)

 

Pica na ligazón para abrir o arquivo

 

Probas extraordinarias Fútbol, curso 21-22

Pica na ligazón para acceder ás datas.

NOVIDADES NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS

 
O pasado 4 de xuño de 2021 publicouse a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, adiantando ao mes de xuño as probas extraordinarias previstas para o mes de setembro nos cursos de educación secundaria obrigatoria, o primeiro curso de bacharelato e o primeiro curso da formación profesional básica.
 
Segundo o punto 3 do artigo 5 da Orde do 19 de maio de 2021, nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas, polo que se establece que non hai convocatorias extraordinarias en setembro.
 
O 30 de xuño de 2021 publicouse no portal educativo da Xunta de Galicia as Instrucións para a aplicación do calendario do curso 2021/22 nos conservatorios elementais e profesionais de música e danza, e conservatorios superiores de música, indicando no punto 2.8. que as probas de acceso a outros cursos do grao elemental e do grao profesional desenvolveranse no mes de xuño, a partir do día 20.
 
En concordancia co espírito do calendario escolar para o curso 2021/22, e en analoxía coas ensinanzas de réxime especial de música e danza, establécese que as probas de acceso ordinarias ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23 realizaranse no mes de xuño, a partir do día 20, en lugar de en setembro.

HORARIO DAS PRESENTACIÓN DE ESO, BACHARELATO, CICLO "TSEASD" E EEDD

 

PRESENTACIÓNS: mércores, 15 de setembro de 2021 

  

ESO -  BACHARELATO

Hora

Nivel

Espazo

 
       

De 9:00 a 9:50

1º ESO

Paraninfo

 

De 9:50 a 10:40

2º ESO

Paraninfo

 

De 10:40 a 11:40

3º ESO

Paraninfo

 

De 11:45 a 12:45

4º ESO

Paraninfo

 

De 12:45 a 13:45

1º BACH

Paraninfo

 

De 13:45 a 14:30

2º BACHARELATO

Paraninfo

 

  

·        O alumnado accederá ao centro pola porta principal. No vestíbulo hixienizará as mans con hidroxel.

    No Paraninfo será recibido polo Equipo Directivo, o Orientador/a e os titores/as. Alí se lles asignará un grupo e, posteriormente, serán acompañados polo seu titor/a á aula que lles corresponda, onde recibirán información sobre as normas do centro e protocolo Covid19.

    O alumnado acudirá con máscara.

    Os responsables dos alumnos e alumnas non poderán acceder ao recinto escolar.

         Unha vez rematada a presentación se respectará o horario lectivo de cada grupo: de 9:00 a 14:30.

 

PRESENTACIÓNS: Luns, 20 de SETEMBRO DE 2021 

   

CICLO

     

Hora 

Grupo 

Espazo 

De 10:00 a 10:30 

1º TSEASD

Paraninfo

De 10:30 a 11:00 

2º   TSEASD

Paraninfo

O alumnado accederá pola porta principal e acudirá ao Paraninfo, onde serán recibidos polo Equipo Directivo e os titores/as.

 O alumnado respectará o protocolo Covid poñendo a máscara, gardando as distancias e hixienizando as mans.

   

EEDD 

Hora 

Grupo 

Centro 

AULA

De 10:00 a 10:30 

N1 

CGTD

 B1

De 10:30 a 11:00 

N3 

CGTD

 B1

 O alumnado accederá pola porta principal e acudirá á aula B1 no edificio do CGTD, onde serán recibido pola Xefa de Estudos e os titores/as.

 O alumnado respectará o protocolo Covid poñendo a máscara, gardando as distancias e hixienizando as mans.

 

 

 

AVISO PARA O ALUMNADO DE EEDD (PROBAS ACCESO N1 FÚTBOL)

O alumnado que se presente ás probas de acceso do vindeiro luns 13 de setembro terá que ter en conta:

  1. Non haberá posibilidade de utilizar os vestiarios das instalacións deportivas, polo tanto haberá que deixar as pertenzas persoais nas bancadas exteriores.
  2. Cada participante deberá traer a súa propia bebida en caso de necesitala.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut