Skip to Content

Xeografía e historia

Profesorado do departamento

Durante o curso 2023/2024 o departamento está composto polo seguinte profesorado:

Alonso de Vega, Pablo (Xefe de departamento)

Álvarez Guillán, Juan Manuel

Del Castillo Fondevila, Esther

Lema Martínez, Sonia-

Martínez Gargamala, Humberto

Ramos Mouzo, Adriana

Roteiro de Paisaxe e Sustentabilidade con 2º ESO A

O martes 6 de xuño, a clase de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO A saiu das aulas co fin de realizar unha clase práctica: un roteiro para analizar o trazado e ornato da Alameda, así como a súa evolución ao  longo do tempo.

A profesora Esther del Castillo explicou someramente a historia da cidade, destacando o barrio da Moureira e as distintas ampliacións do recinto amurallado ata o derribo do mesmo durante o século XIX, descubrindo os edificios máis significativos: as igrexas de Santa María e San Bartolomé orixinais e as edificacións que podemos ver a día de hoxe. Describiu as torres arcebispais como a fortaleza do señor da cidade, o arcebispo compostelán, e as igrexas das ordes mendicantes (franciscanos, dominicos e clarisas) que se atopaban extramuros orixinariamente e que van sendo incluídas no recinto amurallado en diferentes ampliacións do mesmo. E por último, observaron os grandes edificios do arquitecto Sesmero: o Concello e a Deputación.

O alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade aplicouse ao longo do curso no estudo dos cambios que experimenta a natureza ao longo das diferentes estacións e profundizou no coñecemento da riqueza do patrimonio galego que se manifesta na Alameda nos azulexos deseñados por Carlos Sobrino, os cales foron elaborados nunha fábrica de cerámica sevillana, aportando unha riqueza singular a este espazo da cidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut