Teatro "Miss Docet"
O alumnado dos clubs de lectura do centro puido gozar de Miss Docet, obra teatral con texto de María Reimóndez e dirección de Vanessa Sotelo.
Este novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a “Miss España galeguista”. A interpretación de Iria Pinheiro guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.
Como desfile de voces, ecos e silencios, (Miss Docet) recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.
Pica na foto para ver o álbum