APRENDE COAS MULLLERES GALEGAS!!!
Aprende coas mulleres galegas
O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" da Secretaría Xeral da Igualdade pretende achegarnos unha serie de biografías e actividades para coñecer, afondar e dar visibilidade a mulleres galegas de especial relevancia. Con este programa pretendemos concienciar as nenas e nenos da invisibilización de mulleres, moitas delas descoñecidas para o alumnado e para a cidadania e amosar as súas contribucións e achegas e o seu coñecemento a sociedade. O mesmo tempo a Secretaria Xeral da Igualdade quere seguir traballando na promoción da igualdade e na eliminación dos estereotipos de Xénero amosando mulleres fortes en todos os eidos, que souberon adiantarse ó seu tempo e rachar cos estereotipos de xénero do momento que lles tocou vivir.
Ademais dunha pequena biografía da muller seleccionada o caderno conten unhas serie de actividades de investigación e descubrimento para que o alumnado poida seguir traballando e explorando na vida da muller escollida, sempre cunha perspectiva de xénero.
http://igualdade.xunta.gal/gl/recursos/aprende-coas-mulleres-galegas
Fichas publicadas
Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística.Unidade didáctica Maruja Mallo 2.4 MB
Mª Victoria Moreno foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño".Unidade didáctica MVictoria Moreno 2.93 MB
Ángela Ruiz chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademais de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico.Unidade didáctica A. Ruiz Robles 3.15 MB
Concepción Arenal foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traballou incansablemente pola igualdade das mulleres. Ao longo da súa vida estudou a situación das persoas presas nos cárceres e a condición da pobreza na sociedade.Unidade didáctica Concepción Arenal 2.86 MB
Ángeles Alvariño foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Estudou Ciencias Naturais e foi a primeira muller en viaxar como científica nun buque de investigación británico. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña.Unidade didáctica Angeles Alvariño 2.74 MB
Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na universidade. Unidade didáctica Ernestina Otero 2.9 MB
María Wonenburger foi unha matemática e investigadora galega de renome internacional que traballou no campo da álxebra. Afeccionada a deportes coma o hóckey e o baloncesto, foi unha alumna sobresaínte e unha gran políglota. Foi a primeira muller en acceder a unha bolsa Fulbright.Unidade didáctica María Josefa Wonenburger 2.48 MB
Emilia Pardo Bazán foi unha escritora, xornalista, editora e catedrática galega, defensora dos dereitos da muller e precursora do movemento feminista. Foi a primeira muller catedrática en Literatura Contemporánea.Unidade didáctica Emilia Pardo Bazán 2.52 MB
Olimpia Valencia foi a primeira médica galega. Tras estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e realizar en Madrid a súa tese de doutoramento, abriu en Vigo a primeira clínica de xinecoloxía dirixida por unha muller. Unidade didáctica Olimpia Valencia 2.99 MB
Filomena Dato foi unha escritora, poeta, oradora e feminista galega. Na súa recompilación de poemas en galego, Follatos, fai unha alegación do papel da muller fronte aos estereotipos existentes a finais do século XIX. O poema "En defensa das mulleres" está considerado unha das primeiras obras feministas da nosa literatura. Unidade didáctica Filomena Daro 3.25 MB
Isabel Zendal foi unha enfermeira galega que formou parte da expedición para levar a vacina da varíola a América. Dende moi nova trasladouse da súa parroquia natal, en Ordes, á Coruña para traballar no Hospital da Caridade coidando dos nenos e nenas do orfanato. Unidade didáctica Isabel Zendal 3.09 MB
Rosalía de Castro foi unha poeta e novelista galega, considerada como a máis destacada autora do Romanticismo do século XIX e unha das maiores representantes do Rexurdimento galego.
Unidade didáctica Rosalía de Castro 3.29 MB
Antonia Ferrín foi unha matemática e astrónoma galega que obtivo as licenciaturas de química, farmacia e matemáticas. Foi mestra de escola, de instituto e de universidade. Destacou coma investigadora sendo a primeira muller en defender unha tese de Astronomía en España.Unidade didáctica Antonia Ferrin 2.69 MB
María Casares foi unha actriz galega de cine e teatro. Viuse obrigada a abandonar España tras o levantamento fascista e ao longo da súa carreira acadou numerosos recoñecementos coma a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en España ou o Grand Prix national du théàtre en Francia. Unidade didáctica María Casares 2.73 MB
Luz Pozo Garza foi unha escritora, docente, poeta e crítica literaria. Estudou Maxisterio e Filoloxía Románica e ten unha grande obra literaria, destacando os poemarios Paxaro na boca ou Códice Calixtino. Dirixiu as revistas literarias Nordés e Orión, foi membro da Real Academia Galega e no ano 2005 foi galardoada coa medalla Castelao. Unidade didáctica Luz Pozo Garza 3.13 MB
María Barbeito Cerviño foi unha mestra, pedagoga, tradutora, escritora e divulgadora que introduciu o método Montessori en Galicia, que se basea na liberdade e a autoaprendizaxe para poñer ao alumnado no eixo da educación.Unidade didáctica María Barbeito 2.79 MB
Isabel Barreto foi unha navegante galega, ademais de gobernadora e adiantada, foi a primeira muller na historia da navegación en obter o cargo de almirante. Descendente dunha familia portuguesa cunha importante tradición na expedición marítima, realizou expedicións a Perú e as illas Salomón. Unidade didáctica Isabel Barreto 2.89 MB
Elisa Patiño foi unha aviadora galega, a primeira muller en pilotar un avión en Galicia. O día 12 de outubro de 1913 na praia de Baltar, "Chichana" como era coñecida, despegou co seu aeroplano deixando entusiasmada a toda a poboación. Unidade didáctica Elias Patiño 2.03 MB
María Vinyals foi unha escritora, sufraxista e activista social galega. Considerada unha das pioneiras da reivindicación feminista en Galicia, destacou pola súa intensa actividade na loita pola igualdade a través dos seus artigos, conferencias e iniciativas. Unidade didáctica María Vinyals 2.39 MB
Exeria naceu na provincia romana da Gallaecia. Realizou unha viaxe de tres anos de duración na que peregrinou ao Oriente próximo e reflectiu toda esta viaxe nun libro no que relata as súas aventuras. Este libro converterase no primeiro libro de viaxes escrito por unha galega.Unidade didáctica Exeria 2.73 MB
María Luz Morales foi unha xornalista, escritora, crítica teatral e asesora de tradución de guión para a produtora Paramount. Polo seu traballo en diferentes medios convértese nun referente no mundo do xornalismo e no ano 1963 é recoñecida co Premio Nacional de Teatro.Unidade didáctica María Luz Morales 2.84 MB
Manuela Barreiro foi a primeira muller farmacéutica de Galicia. Foi a primeira muller en Galicia en acadar o título de bacharelato, a primeira muller licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, na que obtén o título de Farmacia, e a primeira muller en ter unha farmacia de seu. Unidade didáctica Manuela Barreiro 2.70 MB
Rita Fernández Queimadelos foi a primeira arquitecta nada en Galicia. Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago, asistiu á Escola de Artes e Oficios e, tras rematar esa primeira formación, marchou a Madrid a estudar arquitectura. Entre as súas obras destacan o antigo concello de Fuenlabrada, os proxectos de reconstrución de Carabanchel ou os traballos realizados como arquitecta municipal en Mula (Murcia).Unidade didáctica Rita Queimadelos 4.41 MB
Xela Arias foi unha escritora, editora, tradutora e profesora de literatura. Foi unha muller comprometida, ecoloxista e feminista. Participa en movementos culturais como a Festa da Palabra Silenciada, revista de cultura producida por Feministas Independentes Galegas, ou en Burla Negra, contra o desastre do Prestige. Entre as súas obras destacan Diario a diario ou Tigres como cabalos.Unidade didáctica Xela Arias 3.19 MB