Skip to Content

Práctica con sextantes

 Pilar Andión Álvarez, Sofía Montes de Oca Chamadoira, Cecilia Rodríguez Besada e Gabriel Tomé Vidal, alumnos de 1º de Bacharelato e Irene Chayán Calveiro, alumna de 2º de Bacharelato, acompañados e orientados polo profesor José Benito Búa realizaron este martes 25 de xaneiro unha práctica que consiste na determinación das coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) dun punto situado no patio do instituto. O sistema para localizar as coordenadas xeográficas baseouse na observación da altura do sol ao mediodía solar e no uso de datos provenientes dun almanaque náutico. Para observar o Sol usaron os sextantes deseñados e reproducidos no propio centro en combinación cun horizonte artificial, tamén deseñado e reproducido alí mesmo. Para evitar observar o sol directamente, deseñáronse unhas pezas que permiten axustar un filtro solar aos sextantes. A práctica reproduciu o sistema usado polos mariños, aviadores e exploradores ata principios do s. XX.

Alumnos de Pontevedra practican con el sistema usado por marinos, aviadores y exploradores hasta principios del siglo XX (lavozdegalicia.es)

Navegación astronómica desde el IES Sánchez Cantón - Faro de Vigo

Navegación astronómica desde el patio del instituto (diariodepontevedra.es) 



page | by Dr. Radut