1º Bacharelato

Charla 'Moléculas en acción' para alumnado 1º BAC Ciencias e 2º BAC Química

moléculas en acción

O vindeiro mércores 23 de xaneiro no salón de actos de 10:25 a 11:15 para alumnado de ciencias de 1º BAC e Química de 2º BAC.

Organizado polos Departamentos de Física e Química e Orientación. Dentro do programa 'A Ponte' da Universidade de Santiago de Compostela.

Charla a cargo do profesor José Ramón Leis Fidalgo. Consiste nunha serie de demostracións en vivo de experimentos de química e física e a explicación dos mesmos baseada na estrutura e propiedades das moléculas que os constitúen.

 

Visita do alumnado de 1º BAC A ao laboratorio aberto da Domus

Fotografías da visita do alumnado de 1º BAC de Bioloxía e Anatomía Aplicada ao laboratorio aberto da Domus.

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media. Tamén pódese acceder ao albúm da actividade na galeria fotografica do centro para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Visita ao laboratorio aberto da Domus 1º BAC

Visita do alumnado de 1ºBAC de Anatomía Aplicada ao laboratorio da Domus

laboratorio aberto domus

O alumnado de Anatomía aplicada de 1º de Bacharelato asistirá toda a mañá ao " Laboratorio aberto da Domus".    
«Laboratorio aberto» é o espazo de experimentación da Domus onde o científico son o alumnado. Está pensado para alumnos de Primaria, Secundaria, Bachillerato e Ciclos Formativos.

Realizarán un taller no que se experimenta se a vacuna da sida na que traballan os científicos do laboratorio IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes.
Datas para a realización desta actividade

1º BAC A

mércores 16 de xaneiro

alumnado de 1º B e C

de Anatomía Aplicada

mércores 30 de xaneiro

Cine Bohemian Rapsody alumnado de 1º BAC de Linguaxe e Práctica Musical

O vindeiro venres 14 de decembro  o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de BAC asistirá a unha proxección cinematografica en A Coruña para disfrutar ca película biográfica de Freddy Mercury e Queen.

Bohemian Rapsody

 

Charla sobre cambio climático e o desxeo dos polos para 1º BAC

carlos caraglia

O vindeiro martes 27 de novembro terá lugar unha charla acerca do cambio climático e o desxeo dos polos para todo 1º de BAC a cargo de Carlos Caraglia CEO de earth.360

Teatro "Tempestades" da compañía de Ricardo Frazer no liceo de Betanzos

O vindeiro xoves 26 de novembro  os grupos 1º BAC (B, D, E) e 2ºBAC (A e E) asistirán á representación teatral da obra "Tempestades" da compañía de Ricardo Frazer na sala Xulio Cuns do edificio Liceo de Betanzos.

tempestades

Reunión informativa da Viaxe a Bélxica 2019

reunion belxica

O Departamento de Francés está a organizar unha viaxe cultural a Bélxica, programada para a semana anterior ao período vacacional de Semana Santa, dirixida ao alumnado de Francés de 1º de Bacharelato. Con tal motivo convocámolos a unha reunión informativa o próximo martes, 20 de novembro, ás 18 h , que terá lugar no salón de actos do centro escolar.

XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.

11/03/2019 09:30
11/03/2019 18:30
Etc/GMT+1

LUNS 11 DE MARZO 2019

Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal,  asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30.

12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

electra

Encontro con ex_parlamentarios. 23 de outubro de 2018

Charla destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato, apróx dunha hora de duración de 11:45 a 12:45

encontro ex-parlamentarios

maría dolores faraldo botana

antolín sánchez presedo

carlos fernando branco parga

Deputada do PP pola provincia da Coruña na IX lexislatura, causou baixa o 9 de xullo de 2014.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 29 de marzo de  1959. Licenciouse en Medicina. É funcionaria da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Militante do Partido Popular, do que foi secretaria de Organización na provincia da Coruña. Saíu elixida concelleira da Corporación Municipal de Betanzos nas eleccións locais de 1991, 1995, 1999 e 2003. Nos seguintes comicios municipais, os de 2007, accedeu  á Alcaldía do Consistorio desta localidade. En 2011 foi vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, e renunciou un ano máis tarde ao obter a acta de deputada no Parlamento de Galicia. Tamén ocupou os cargos de directora do Servizo Galego de Saúde e do Instituto Social da Mariña.

Na súa actividade parlamentaria pertenceu ás comisións de Educación e Cultura, de Relacións co Consello de Contas e de Control da Compañía da RTVG.

Deputado do PSdeG pola provincia da Coruña na I lexislatura, dende o 8 de febreiro de 1983, en substitución de Anxo Teixeiro Piñeiro, e na II, III e IV.

Naceu en Betanzos (A Coruña) o 5 de abril de 1955. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce de avogado.

Militante do PSOE dende 1977, foi elixido concelleiro de Betanzos por este partido nas primeiras eleccións municipais en democracia, en 1979, e catro anos despois, asume o cargo de alcalde. Dentro do partido, no ano 1985, elixírono secretario xeral ata 1994. Entrou no goberno da Xunta como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, posto no que se mantivo dende 1987 ata 1990. Foi candidato á Presidencia da Xunta en 1983, pero non conseguiu bos resultados electorais e abandonou a primeira liña da política ata 2004, en que se presentou nas listas socialistas ó Parlamento Europeo; saíu elixido e renovou o escano para o período 2009-2014.

Na súa traxectoria no Parlamento, durante a I lexislatura, foi vogal da Comisión do Regulamento; e da Deputación Permanente. Na II lexislatura, vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento; membro da Deputación Permanente e voceiro suplente do seu grupo. Na III lexislatura, formou parte como vogal da Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; foi membro da Deputación Permanente e voceiro do seu grupo. Na IV lexislatura, foi vogal das comisións Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior; e do Regulamento, así como membro da Deputación Permanente.
Deputado do BNG pola provincia da Coruña en dúas lexislaturas, na VII e na VIII; nesta última, substituíu a Anxo Manuel Quintana González a partir do 13 de setembro de 2011.
Naceu nas Pontes (A Coruña) o 14 de xuño 1957. Sindicalista de Endesa.
É membro do BNG desde 1995. Delegado sindical da CIG, desempeñou diversas funcións neste sindicato, entre elas, a de responsable de política industrial na Executiva Nacional da Federación de Químicas e Enerxía; representante no Plan de dinamización económica e industrial das Pontes e membro do Consello Confederal. No BNG, pertenceu ao Consello Local, ao Consello Comarcal de Ferrolterra e ao Consello Nacional.
Na VII lexislatura foi portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; e secretario na Mesa da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e, na VIII lexislatura, foi portavoz da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.

Teatro Eroski Paraíso da compañía teatral Chévere no centro Ágora da Coruña

Eroski Paraíso

O xoves 18 de outubro, alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENDL (equipo de normalización e dinamización lingüística) do centro.


Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro.

Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra.

Distribuir contido