2º Bacharelato
Visita de 2° de Bacharelato a Santa María do Azogue
O pasado luns 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bach D da materia de Historia da Arte, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizaron unha visita guiada á igrexa betanceira de Santa María do Azogue.
O guía desta interesante visita foi Julián Ferrer, profesor de Historia do IES Francisco Aguiar durante moitos anos ata a súa recente xubilación.
Cunha amena explicación os alumnos/as souberon todo o relativo á pintura recentemente atopada no templo, tamén aprenderon múltiples curiosidades do seu impresionante retábulo, así como coñeceron en detalle o capitel, que en realidade é un calendario polas súas representacións simbólicas dos diferentes meses do ano. En vindeiras datas o resto do alumnado de Historia da Arte do instituto repetirá a experiencia.
Saída á Fundación Barrié
O alumnado de 4° de ESO, da materia de Música, e de 2° de Bacharelato, da matéria de Historia da Música e da Danza acoden á exposición da Fundación Barrié.
Visita á Domus
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/12/2022 - 21:28Pódense ver as fotos da visita ao laboratorio da Domus do alumnado de Bioloxía de 2ºBAC para participar no taller de PCR.
Investigamos a escena do crime. Experimentando coa técnica da PCR, o alumnado simulou a elaboración de perfís de ADN tal e como se realiza habitualmente nos laboratorios forenses.
Obradoiro de escritura micénica
Enviado por Anónimo o Mér, 14/12/2022 - 11:10O pasado 5 de decembro o alumnado de Clásicas recibiu un obradoiro de escritura micénica impartido pola profesora Teresa Amado. O alumnado elaborou taboíñas de barro e escribiu nelas.Tratouse dunha interesante actividade, que contribúe a achegar doutra maneira a cultura helénica ao alumnado do instituto.
Saída didáctica á Domus.
O vindeiro venres 16/12 o alumnado de B2C e B2D coa optativa de Bioloxía visitará a Domus, na Coruña, onde terán ocasión de facer prácticas de laboratorio.
Visita guiada á zona vella de Betanzos
O alumnado de Historia da Música e da Danza, de 2º de Bacharelato, realizará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, acompañada da súa profesora.
Sesión de avaliación 2º BAC
Ás 17:30 reúnese a Xunta de avaliación de 2º de BAcharelato. As notas da convocatoria extraordinaria será entregadas polas titoras e titores ás 20:15 na aula de cada grupo.
Traballo alumnos psicoloxía
Os alumnos de psicoloxía de 2º de bachalerato, empregando o método descritvo da enquisa, analisaron algúns comportamentos e inquedanzas do alumnado de bachalerato no noso Centro.
Visita a Compostela
O 29 de marzo as alumnas e alumnos de Historia da Arte visitarán Compostela para coñecer as principais manifestacións artísticas de Compostela e recoñecer a importancia artística compostelá no contexto peninsular e europeo.
Teatro Clásico na sala Xulio Cuns
Enviado por Anónimo o Xov, 23/12/2021 - 20:29- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »