Taboleiro
Roteiro Literario por Guitiriz [SUSPENDIDA]
Os grupos de 2B/C visitan Guitiriz, onde realizarán un roteiro literario pola localidade a cargo do alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
Actividade "Fálame da emigración". Afundación Abanca
Os días 19 e 20 de abril tiveron lugar no IES Francisco Aguiar os segundos encontros entre o alumnado de 4º de ESO e os maiores, que contaron a súa experiencia na emigración.
Neste segundo encontro, os rapaces explicaron os resultados dos traballos realizados tras contactar con algún emigrante ou persoa que lles pudo contar algo desta temática. Primeiro expuxeron os resultados publicamente e posteriormente en pequenos grupos traballaron algúns aspectos interaccionando cada grupo cun dos maiores. A experiencia foi valorada moi positivamente por todas as partes implicadas.
Visita histórico-cultural a Compostela
Os alumnos e alumnas de Historia do Mundo Contemporáneo realizan unha visita a Compostela, onde pasearán polo centro histórico, irán ao CGAC e coñecerán unha exposición na Fundación Abanca.
Visita a unha fábrica de tellas en Mesía
O 8 de maio o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I visita a fábrica de tellas que hai en Mesía.
Piragüismo no Mandeo - 1º de Bacharelato
Os grupos de 1º de bacharelato practican piraguismo no Mandeo. Cada grupo terá dúas sesións. A actividade comeza o día 3 de maio e acaba o 23 de maio.
Proxección do documental "Dores"
Os grupos de 2º de Bacharelato asisten á proxección do documental "Dores", sobre os campos de concentración franquistas.
Roteiro Literario por Guitiriz - 2
Os grupos de 2A/D visitan Guitiriz, onde realizarán un roteiro literario pola localidade a cargo do alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
Olimpíada matemática
Tres dos nosos alumnos de 2º ESO participan na Olimpíada matemática, que se celebra na Facultade de ciencias da Educación.
Visita ao BAM de Betanzos (Biblioteca, Arquivo e Museo) - 4
O grupo de 2D visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.
Visita ao BAM de Betanzos (Biblioteca, Arquivo e Museo) - 3
O grupo de 2C visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »