Animación á lectura

HORA DE LER

10/04/2023 11:49
Europe/Andorra

 

 

Comezamos as suxestións de lectura do mes de abril recordando o escrito por T. S. Eliot: 

                                               April is the cruellest month, breeding
                                               Lilacs out of the dead land, mixing
                                               Memory and desire, stirring
                                               Dull roots with spring rain.

Sabemos que certos homes non esperan a abril para exercer sobre os seus iguais a maior das crueldades. 

Diso da testemuña a narrativa de Edurne Portela, que visitará este semana Betanzos.

 

HORA DE LER

26/03/2023 12:06
Europe/Andorra

 

Ler, coa mesma concentración que reflicte a lectora que pintara Jules Ernest Renoux, as historias sobre a inxusticia que escribiron Antón Patiño Regueira e Raquel Vázquez.
 

HORA DE LER

19/03/2023 12:34
Europe/Andorra

Rose is a rose is a rose

is a rose

Gertrude Stein

 

Son dúas as celebracións que coinciden, intencionadamente, o próximo martes 21 de marzo: a chegada oficial da primavera e o Día Mundial da poesía

Os poemas de Ida Vitale, Mario Obrero, Lucía Durán, Luz Campello, Wislawa Szymborska, Manuel Álvarez Torneiro, Federico García Lorca o Rosalía de Castro coma pétalos de flores feitos con palabras.

 

 

 

HORA DE LER

11/03/2023 19:39
Europe/Andorra

 

 

Sen a comodidade do lector que imaxinara Pablo Gallo, ler a Anton Chejov ou a Berta Dávila.

 

HORA DE LER

05/03/2023 15:05
Europe/Andorra

 

Hai semanas nas que as sorpresas chegan da man da perplexidade...

Para procurar a serenidade ou a revelación que precede á admiratio, procuremos ler os poemas de Luz Campello ou o relato de Marina Kloss.

HORA DE LER

26/02/2023 11:20
Europe/Andorra

 

 

 

Esta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...

Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.

Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Garner.

HORA DE LER

20/02/2023 20:39
Europe/Andorra
 
Nesta [mini] semana na que se conmemora o día de Rosalía, convidamos a ler unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.
 
E por que non viaxar da man de Larraitz Urruzola!!!!
 
 
 

A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola

HORA DE LER

12/02/2023 10:08
Europe/Andorra

Preámbulo de entroido...

 

Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
 
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Ademáis desta proposta informativa para disfrazarmos con fundamento neste tempo, tamén quedan a disposición do lector un relato de Carlos Casares, un relato de Clarice Lispector e unha antoloxía de poesía amorosa de Jorge Reichman.

HORA DE LER

05/02/2023 19:01
Europe/Andorra

O feitizo de Vermeer... 

Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta. 

Unha carta de amor? 

Podería ser... 

O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».

Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.

 

HORA DE LER

29/01/2023 18:39
Europe/Andorra

Kaori Tsurutani na súa obra Metamorfosis BL relata a historia dunha amizade entre mulleres de distintas xeracións.

A nosa proposta para esta semana, os relatos de Manuel Rivas e José María Merino, tamén falan de metamorfoses...

Distribuir contido