3º ESO

VII Ludi Compostellani

18/04/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de Cultura Clásica participa de novo no Ludi Compostellani, dirixindo un obradoiro de mosaicos e gozando doutros organizados por outros centros.

YAM (día 1)

02/04/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º da ESO participa no programa do Sergas YAM (Youth Aware of Mental Health). Trátase dun programa escolar no que os máis novos aprenden e debaten sobre a saúde mental, convidándoos a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida.

Fálame da inmigración

04/04/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º da ESO participa nunha actividade de Afundación de Abanca, unhas charlas con maiores sobre a inmigración.

VISITA AO PAZO DE MEIRÁS

    

O alumnado de 3° de ESO visitou esta semana o Pazo de Meirás, unha actividade que vén complementar a lectura do libro de Eva Mejuto titulado A ladroa do Pazo de Meirás, proposto desde a materia de Lingua Galega. A obra recrea o período no que o Pazo foi convertido na residencia de verán do ditador Franco, logo dun proceso de espoliación de propiedades publicas e privadas. Contamos co mellor guía, Manuel Pérez Lorenzo, investigador e profesor  do noso instituto. A visita foi unha magnífica lección de historia.
Para saber máis contamos co  exhaustivo estudo, recollido no libro Meirás. Un pazo para el caudillo do que Manuel é coautor xunto con Carlos Babío.
 
 
 

Visita ao Pazo de Meirás II

22/03/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º ESO B e C visita o Pazo de Meirás.

Visita ao Pazo de Meirás I

21/03/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de 3º ESO D e E visitan o Pazo de Meirás.

Visita ao Distrito Forestal II de Betanzos

15/03/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º ESO E de "Proxecto Competencial" realizou unha interesante visita ao DISTRITO FORESTAL II DE BETANZOS. Alí guiados polos axentes medioambientais, puidemos ver o último modelo de camión antiincendios. Tamén nos explicaron como actúan, por certo axudados dunha punteira tecnoloxía, no caso de un lume forestal e os devastadores efectos que teñen no noso hábita. Tamén acedimos á sala de monitores, onde en tempo real e a través de distintas cámaras vixían os nosos montes.

Torneo de debate - Fundación Barrié

22/01/2024
Etc/GMT+1

Os nosos estudantes Aida García, Elisa Galdón e Miguel Luces participaron este luns no Torneo de Debate organizado pola Fundación Barrié. Parabéns aos tres pola súa dedicación e esforzo na construción de argumentos sólidos e persuasivos!

 

Pareidolia - exposición fotográfica

A pareidolia é un fenómeno psicolóxico mediante o que unha imaxe aleatoria é percibida polo cerebro coma unha forma recoñecible.

O alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica, Visual e Audiovisual buscou na vida cotiá exemplos deste fenómeno. Podedes ver máis pinchando na foto!

Visita á exposición de Helmut Newton

10/01/2024
Etc/GMT+1

O departamento de Plástica organiza unha visita guiada á exposición de Helmut Newton na Coruña para alumnado de 3º da ESO.

Distribuir contido