1º ESO

Estadía en Manzaneda

25/10/2023
27/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...

METEOESCOLAS: CLIMOGRAMAS


O alumnado de 1ºESO fixo os climogramas asociados ás recollidas de datos feitas na estación meteorolóxica do centro, dende o 6 de febreiro ó 19 de marzo. Os climogramas recollen os datos semanais das precipitacións, das temperatúras máximas e mínimas de cada día de cada unha das semanas das que se recolleron os datos.


A continuación podemos ver tres exemplos dos climogramas feitos polo alumnado.

 

The weather in As Mariñas


The Wheather in As mariñas: esta actividade foi realizada por alumnado de 1°ESO na materia de Inglés.

Aproveitando a introdución do futuro will/won't característico, entre outras cousas, das prediccións, e o vocabulario relacionado co tempo (weather), realizamos por grupos unha investigación do tempo na comarca de As Mariñas.

Primeiro adicámonos a coñecer os diferentes concellos pertencentes a dita comarca e a investigar sobre as temperaturas medias, as precipitacións, etc.

Unha vez tivemos esta información puxémonos a sintentizar a información e a elaborar os posters.

 

Excursión ás Fragas do Eume - 1º de ESO

Os grupos de 1º de ESO visitaron as Fragas do Eume os días 23 e 30 de maio, onde puideron visitar o mosteiro de Monfero.

Álbum: Curso 22-23 -> Fragas do Eume 22/23

Charla sobre igualdade no deporte

01/06/2023 09:30
01/06/2023 10:20
Etc/GMT+2

O grupo de 1ºB recibe unha charla sobre a igualdade no mundo do deporte, a cargo do Club de Piragüismo de Betanzos.

Saída didáctica ao Museo Picasso, da Coruña

Os grupos de E1A e E1D visitaron o Museo Picasso na Coruña e realizaron ademais un itinerario didáctica relacionado coa expedición da enfermeira coruñesa Isabel Zendal.

Álbum: Curso 22-23 -> Saída didáctica á Coruña 1º ESO

Navega con Rumbo

12/06/2023 10:35
12/06/2023 10:35
Etc/GMT+2

Os grupos de E1A e 1ED reciben un obradoiro do Plan "Navega con Rumbo". O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos. 

Andainas pola contorna de Betanzos - 1º de ESO

 

O alumnado de 1º de ESO saiu durante o mes de abril e maio facer unha andaina pola contorna de Betanzos.

Álbum: Curso 22-23 -> Andainas pola contorna de Betanzos

Saída didáctica á Coruña, de 1º de ESO

02/06/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 1º de ESO B e C visita hoxe a Casa Museo de Pablo Picasso. Además, realizan un percorrido sobre Isabel Zendal.

Distribuir contido