Linguas clásicas
Olimpiada de traducción de textos clásicos
Enviado por jfcalaza o Xov, 27/05/2021 - 09:36Olimpíada de tradución de linguas clásicas
O vindeiro mércores 26 de maio a nosa alumna Lucía Sánchez Cal participará na Olimpíada Galega de Tradución de textos clásicos.
Bonam fortunam / Kαλή τύχη, Lucía!
XX Festival de teatro Grecolatino en A Coruña para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal, latín de 4º ESO e Cultura Clásica de 3º da ESO
MÉRCORESS 11 DE MARZO 2020Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal e o alumnado de latín de 4º da ESO, asistirá en A Coruña a dúas representacións teatrais. Saída ás 11:15 e regreso a Betanzos ás 19:00 12:00 'Troianas' de Eurípides Traxedia grega 17:00 'Auluraria' de Plauto Comedia romana |
Imaxes da participación do noso alumnado da olimpiada de traducción de textos clásicos.
Enviado por Pitusa o Sáb, 06/04/2019 - 11:28XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.
LUNS 11 DE MARZO 2019Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal, asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30. 12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) |
Teatro "Antígona ante os xuíces" no edificio Liceo de Betanzos
O vindeiro mércores 19 de Decembro, o alumnado das optativas de Cultura Clásica de 3ºESO, Latín de 4º ESO e 1º e 2º BAC, e Grego de 1º o 2º de BAC asistirán á representación "Antígona ante os xuices" no edificio Liceo de Betanzos. Organizada polos departamentos de Latín e Grego.
Saída do centro ás 10:25
Chegada ao centro ás 11:45
XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.
LUNS 11 DE MARZO 2019Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal, asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30. 12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña) |
UNHA BIBLIOTECA "NADA_COMÚN" DEBÍA TER NOME PROPIO
Para os que convivimos cada día no IES Francisco Aguiar non hai ningunha dúbida...a nosa biblioteca non é "nada_común".
Insistente, cada semana aliméntanos coas súas propostas de lectura a través do blog e o facebook. Convoca entusiastas lectores xuvenís e adultos nos seus clubes . Polo San Valentín namóranos e invítanos a namorarnos sen importarlle exercer de estafeta postal. Xunto aos libros clásicos, móvense nela con normalidade películas, cómics e albumes ilustrados.... Treme polo Samaín. Fai soar campaniñas polo Nadal. Lánzase cada maio, cámara en ristre, ás rúas de Betanzos no safari fotopoético. Énchese de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato aló pola segunda metade de maio... Vella pero nova. Naceu co vello Instituto Laboral, no lonxano 1952, pero día a día amósanos unha saude e vitalidade envidiable.
Pero a partir das 13.30 hs. do martes 17 de xuño deste 2014 non soamente será unha biblioteca “nada_común”. Contará, tamén, cun nome propio: “Sebastián Buedo Jiménez”.
Foi Sebas un grande amante dos libros, de todos os libros. Amante da súa profesión e do noso Instituto betanceiro. Queremos, por iso, honrar a súa memoria facendo propio para a nosa Biblioteca o seu nome propio. Unha biblioteca que nos servirá para lembrar a palabra culta, cálida e comprensiva de Sebas sempre disposta a buscar solucións de consenso. Un espazo colectivo, de convivencia e tolerancia. Unha grande fiestra aberta ao mundo, a todos os mundos posibles e im-posibles. Por iso o nome propio lle acae tan oportuno, porque ninguén foi, no Instituto, mellor abandeirado que Sebas dista apertura ao mundo a través das inumerables viaxes e intercambios que organizou: Cracovia, Stuttgart, Londres, Budapest, Sicilia, Atenas, Creta...
A “nada_común” biblioteca do IES Francisco Aguiar ten , dende agora, a honra de levar o nome de “Sebastián Buedo Jiménez”.