Club de lectura
Martes 20 de Novembro. 1ª reunión dos clubes de lectura da ESO. Sobremesa lectora no Aguiar.
O martes 20 de novembro un numeroso grupo de alumnos e alumnas da ESO do IES Francisco Aguiar voltarán, a quedar a comer no Instituto para, qué tolería, comer, pasar un bo rato e....charlar sobre un libro.
Guiados polos profesores do Grupo da Biblioteca relizaránse reunións de grupos de alumnos/as para intercambiar impresións sobre os libros lidos este trimestre.
Para abrir algo de boca, podedes ver de novo, o video resumen, editado por Julián Ferrer, da mesma actividade o curso pasado.
1a Semana de reunións dos clubes de lectura de bacharelato 2018-19 nos recreos
Logo de ler as obras propostas polo clube de lectura de Bacharelato, toca poñer en común os sentimentos, sensacións e impresións da lectura. Para tal fin, diversos grupos de alumnos/as de Bacharelato xuntaránse esta semana nos recreos.
Luns | 19 | O vixía no centeo | J.D. Salinger |
Martes | 20 | Un animal chamado néboa | Ledicia Costas |
Mércores | 21 | 1984 | George Orwell |
Xoves | 22 | A estrada | Cormac McCarthy |
Venres | 23 | ||
Venres | 23 | O curioso incidente do can a media noite | Haddon Mark |
Club de lectura Biblos Aguiar 2018-2019
Este é o sexto curso de existencia do Club de Lectura Biblos Aguiar.
Próximamente comezará o reparto do primeiro libro que compartiremos nun Club ao que tod@s están convidad@s.
As reunións teñen lugar na xenerosa Libraría Biblos de Betanzos, normalmente un luns de cada mes a partir das 19 horas, excepto cando ese día da semana non lle convén ao autor do libro lido.
No curso anterior, tivemos a sorte de conversar con Eli Ríos, Sergio del Molino, Marcos Calveiro e Miguelanxo Prado.
Para sumarse ao Club, basta con enviar un correo a bibliofranciscoaguiar@gmail.com ou manifestar ese desexo na propia Libraría Biblos.
Ilustración: Quint Buchholz
![RSS - Club de lectura Distribuir contido](/centros/iesfranciscoaguiar/misc/feed.png)