VI National Cyber League

14/10/2024
Etc/GMT+1

O noso centro resultou seleccionado para participar na VI National Cyber League.

Trátase dunha competición de ciberseguridade para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades en seguridade informática a través de desafíos e probas en entornos controlados.
Está organizada pola Garda Civil en colaboración coa Consellería de Educación e vai dirixida a alumnado de 4º da ESO.