Xornada de Fútbol Sala feminino en Monfero

 

 

A Consellaría de Educación promove o deporte xuvenil a través do programa "Xogade". Unha das iniciativas consiste na celebración dunhas xornadas dedicadas ao Fútbol Sala feminino.

 

Na primeira das xornadas, celebrada o pasado 19 de xaneiro, unha selección de alumnas de 2º de ESO do IES Francisco Aguiar participou en varios partidos, na categoría Infantil e Cadete, no Polideportivo de Monfero.

 

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Xornada Fútbol Sala Feminino - "Xogade"