Comezando coa programación mediante "Letras animadas"
A rapazada de 1º de ESO ven de establecer un primeiro contacto coa programación por bloques por medio de Scratch, un entorno de programación visual moi sinxelo de empregar e que, nestre caso, lles permitiu realizar unha actividade inicial moi divertida: "Letras animadas". Cada alumno programou as letras dunha palabra ou expresión relacionada co aforro enerxético co fin animalas (rotar, aumentar de tamañao, cambiar de cor, emitir son, ...). E por que a temática se centrou sobre o aforro enerxético? Pois o caso é que o IES Franciso Aguiar está inscirto no Plan Proxecta "Aprendo Programando", que neste curso 2021/2022 nos propón traballar dende a programación un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que recolle a Axenda 2030 e que vai encamiñado a promover o aforro enerxético e uso responsable dos recursos. Ó longo do curso publicaranse diversas actividades que tratan este tema pero ímosvos amosando algúns dos proxectos máis interesantes que podedes atopar neste estudio de Scratch.
Imaxe dalgúns dos proxectos creados polo alumnado de 1º de ESO