Poetízate. RADIO con 1º de ESO.
O alumnado de 1º de ESO está a iniciarse na elaboración de podcast . Desde a materia de Lingua galega , propúxoselles recitar poemas de autores e autoras da nosa literatura e xa van chegando as primeiras colaboracións.
Os traballos están subidos no programa POETÍZATE DE SON AGUIAR na plataforma IVOOX e serán tamén publicados na sección RADIO NA BIBLIO desta web.
Velaquí o primeiro :
" Perdín un bico" un poema de Antonio García Teijeiro incluído no libro Para cantar e contar recitado por Adriana Naveiro.
»