ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: UNHA MOREA DE PASOS CARA A IGUALDADE

 

O alumnado e profesorado do CS de Xestión de vendas e espazos comercial realizamos o 25 de novembro unha andaina de 12 km con punto de partida no IES Francisco Aguiar ata o espazo natural de Chelo, nun percorrido circular pasando polo campo dos Caneiros.

 

Con esta andaina reclamamos o fin da violencia de xénero e concienciar e sensibilizar á colectividade en materia de prevención de violencia sobre as mulleres, xa que a loita contra este tipo de violencia é un traballo de equipo, que involucre a toda a sociedade.