Saída de 2º de Ciclo Superior

 

O alumnado de 2º ano do Ciclo Formativo de Xestión de Vendas saiu onte a dar un paseo formativo polo centro urbano de Betanzos  para coñecer a realidade do tecido comercial da vila.

O grupo visitou o mercado de produtos ecolóxicos, de tempada e tamén o mercado  de abastos.

O obxectivo é que o alumnado coñeza e poña en valor a importancia que ten o comercio local e de proximidade, que  promove unha economía  máis sostible, xusta e equilibrada e contribúe a soster e mellorar a rendibilidade económica da vila.