CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS… Sabela Caamaño, Premio Martin Codax

28/10/2021 10:00
Europe/Andorra

 

 


CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS…  Sabela Caamaño, Premio Martin Codax 

 

   Sabela Caamaño amosou a súa excelencia académica, de modo constante, nas aulas do Aguiar, que deixou no 2008. 

   Xa cursando ESO soubemos dos seus moitos éxitos musicais obtidos en distintos concursos internacionais. 

   Titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, é profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

   Hoxe recibe os nosos parabéns (xunto a súa compañeira no dúo, Antía) por ter obtido cun dos seus grupos musicais, Caamaño e Ameixeiras, o Premio Martín Códax na categoría de Folk.