CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Alberto Estévez Ferreiro gaña a Medalla de Ouro no GaliciaSkills 2021
25/10/2021 15:01
Europe/Andorra
Alberto Estévez Ferreiro ven de obter a medalla de ouro GaliciaSkills 2021 na categoría de Deseño mecánico - CAD nesta sexta edición.
Organizado pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, Galiciaskills 2021 proxecta e difunde na sociedade á formación profesional que se imparte en Galicia.
Este é un campionato eminentemente práctico, no que o alumnado participante mide as súas destrezas e demostra as súas capacidades na realización das correspondentes probas.
Un motivo de ledicia para o noso ex alumno Alberto, a súa familia, o seu titor, José Carlos Breijo García, os docentes do CIFP Ferrolterra no que cursa actualemente estudos de Deseño de Fabricación Mecánica, e os docentes do IES Francisco Aguiar e do CEIP Vales Villamarín, onde cursou este xove betanceiro.
Parabéns, Alberto!