CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... SARA SEOANE ABELENDA, PROFESORA TITULAR DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... SARA SEOANE ABELENDA, PROFESORA TITULAR DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Fai non moito frecuentaba corredor e aulas no noso IES.
Como moitos dos nosos alumnos que compatibilizan, con tanto esforzo e dificultades, os estudos musicais e Secundaria e Bacharelato, procuraba atoparlle horas ao día para estudar no Conservatorio de A Coruña e acudir aos ensaios da Banda Municipal.
Agora sabemos, lendo unha entrevista en SaxRules, que Sara Seoane Abelenda volve a Galicia para ensinar os misterios do saxofón no Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
Reciba os nosos máis sentidos parabéns, a ritmo de Vivaldi!