Machismos sen miopías. Obradoiro para pais, nais e docentes. Organizado polo Concello de Betanzos

machismos sen miopías

 

Como todas e todos coñecemos, actualmente as novas tecnoloxías están transformando as formas nas que rapazas e rapaces se relacionan, e isto está a influir tamén na súa  educación afectivo sexual, xa que a meirande parte do que coñecen sobre o sexo, está condicionado polo que observan en Internet. En numerosas ocasións, os contidos que visualizan son violentos, creando nas súas mentes unha idea errada de que a sexualidade debe producirse unicamente desa maneira.

O noso Concello, no seu afán de apostar polas políticas de igualdade e de apoio ás familias, vos convida a participar na actividade Machismos sen Miopías,organizada pola Deputación de A Coruña, na que se tratará o tema da pornografía dende o punto de vista educativo, de cara a previr situacións e condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes. Esta actividade enmárcase dentro da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e vai dixidida a toda a veciñanza.

O obradoiro terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 16:30 a 19:00, no Edificio de Servizos Sociais, sito na Praza do Emigrante s/n.

Podedes realizar as vosas inscricións ata completar aforo, tanto presencialmente como no teléfono 981770707 ou no correo electrónico marta.pineiro@betanzos.gal . A ficha de inscripción podela descargar aquí.