5e Concours de desserts français. Vendredi, 7 juin 2019
5e CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS
Vendredi 7 juin 2019 aura lieu le traditionnel concours des desserts.
Voilà les15 desserts en compétition(enlace):
La charlotte, Les gaufres, Les crêpes, Le Paris-Brest, L’éclair, La crème brûlée, Les profiteroles, Le mille-feuille, La tarte tatin, Le clafoutis, Les macarons, La tarte au citron meringuée, Le gâteau au fromage blanc alsacien, Le coulant, La mousse au chocolate
MECÁNICA DO CONCURSO E OBXECTIVOS DIDÁCTICOS.
1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan receitas pertencentes á gastronomía francófona.
2.- Durante unha sesión de clase traballaranse os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.
3.- Unha vez elixida a receita e traballado o léxico correspondente, os alumnos participantes, de maneira individual ou en grupo (non máis de tres alumnos), elaborarán na casa o devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.
4.- Esta actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.
5.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.
6.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena tarxeta co nome da sobremesa, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.
7.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR e PRESENTACIÓN.
8.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición das sobremesas.
9.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.
10.- O luns da semana seguinte exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para os que haberá uns premios moi interesantes.
OBXECTIVOS.
1.- Aspectos lexicais: vocabulario referido aos alimentos.
2.- Aspectos morfosintácticos: o uso do artigo partitivo e do imperativo.
3.- Aspectos socioculturais: familiarizar aos alumnos coa grande variedade e riqueza da cociña francesa en particular, e francófona en xeral.
4.- Espertar o interese dos alumnos por unha alimentación saudable, sen esquecer a dimensión social e cultural da mesma.
5.- Ser capaces de comprender unha receita e elaborala.