Actividades fin de trimestre. Comezo das vacacións de Nadal

21/12/2018 11:20
Etc/GMT+1

O vindeiro venres 21 de decembro suspéndense as clases ás dúas derradeiras sesións e haberá actividades coma:

 

  1. Espectáculo de Nadal no salón de actos para 1º e 2º de ESO. Organizado por Elvira Castro e Blanca Bello dos departamentos de lingua castelá e música.
  2. Torneo de Xadrez aberto á participación de alumnado de calquera nivel. Organizado por Oscar García Ramos do departamento de lingua galega.
  3. Competicións deportivas interclases no pabellón polideportivo. Asistirán de espectadores o alumnado de 3º da ESO en adiante. Organizadas polos profesores do departamento de educación física Pepe Valverde, Leo Piñeiro e José Permuy.
  4. Pinta-portas aberto á participación de alumnado de calquer nivel. Organizado por José Manuel Rey Bao do departamento de educación plástica e visual.

 

Bó nadal a todos, recargade baterías que aínda queda curso por percorrer!!!

bó nadal