Viaxe a París. 18 de xuño.
O luns 18 fixemos un paseo en "bateu-mouche" tendo así unha panorámica de parís cos seus monumentos máis emblemáticos: a Torre Eiffel, a catedral de Notre Dame, L'Assemblée Nationales, le musée d'Orsay.Dende o barco, todo unha preciosidade.
Pero se hoxe navegamos cómodamente no barco polo Sena, mañá martes tocaranos patear a cidade da Luz e ver aínda máis de preto estes espectaculares e fermosísimos monumentos.
Mirade ata que punto algún de nós está impactado pola beleza de da cidade, que ceando, unha das nosas viaxeiras, fica sorprendida logo de que un señor lle falase en español: "Sabes español?" dílle. "De donde eres?".... e resulta que era o chofer que nos leva acompañando dous días enteiros