surf
Un ano máis, coa coordinación de Edda Beltrán, o noso alumnado de 1º BAC iniciarase no deporte do Surf. Unha mañá completa (12 de xuño) na praia de Bastiagueiro coa guia de dúas escolas de surf servirán como aperitivo para comezar a disfrutar de tan fermoso deporte.
Agardemos que o tempo mellore e que as olas permitan un perfecto desenvolvemento da actividade.
En total serán máis de 70 alumnos e alumnas os que participarán divididos en catro grupos e acompañados por catro profesores: Edda Beltrán, Leo Piñeiro, Chus Santamariña e Emilio Duque.
»