Nova proposta "escaparática"do alumnado do Ciclo, para que veas!

Xa son varias veces que nos sorprenden do mesmo xeito.

Cando menos o agardamos... un ir e vir frenético dos alumnos e alumnas do ciclo baixo a coordinación da súa activa profesora, Sol Seoane.  

Unhas veces para montar un creativo árbore de Nadal, outras para instalar un orixinal escaparate de antroido...

agora (con mensaxe subliminal incluido) o seu escaparate de primaveira , para que vexas!

Non podemos menos  que alabar o traballo de docente e alumnado que con tan precarios medios fan un traballo tan meritorio e de calidade que, dende logo,  temos que agradecer dende o instituto.

En suma, alguén dubida que a Formación Profesional é unha boa alternativa formativa para os nosos xóvenes?  

De ser así convidamoslles á Xornada de Orientación do IES Francisco Aguiar diste ano ( 10 marzo 10,30) onde o aprezado Ex profesor do noso Ciclo, Victoriano Rodríguez, volverá a defender esta opción formativa.