2ª etapa no curso 2017-2018 do Camiño Inglés: Bruma-Sigüeiro

Por un encomiable afán cultural, polo máis xenuino espíritu deportivo e, seica, para compensar os excesos gastronómicos do entroido.

O certo é que o xoves 15 de febreiro, os alumnos e alumnas de 1º BAC A realizarán a segunda etapa, neste curso, do seu particular Camiño Inglés a Santiago de Compostela percorrendo o tramo entre Hospital de Bruma (onde quedaran na anterior etapa o pasado 21 de novembro, ver enlace) e Sigüeiro.

O certo é que teñen mérito porque as condicións meteorolóxicas semella que serán esixentes. 

AEMET(enlace)