Chegou aos nosos oídos... "Vida máis ca vida", unha proposta da ANPA para o Día Internacional das Discapacidades

 

Chegou aos nosos oídos... a través da ANPA "O Carregal" unha interesante actividade para conmemorar  o vindeiro domingo 3 de decembro o día internacional das discapacidades. No Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 18:00h proxectarase Vida máis ca vida  

 

Un proxecto nado para romper barreiras e estereotipos sen precedentes. Dende a ANPA convídannos a pasar unha tarde moi especial cargada de talento, creatividade e compromiso social na que se presentará o documental Máis ca Vida co posterior coloquio do seu director e dous dos seus protagonistas, Mónica Ferreiro e Óscar Rguez que aproximarán en primeira persoa, as percepcións do que significou para eles levar a cabo este proxecto que tanto ten marcado as súas vidas.

 

Vida. Máis ca vida, por Rubén Riós

Tras un ano de ensaios co director do proxecto, Rubén Riós, ao carón dun colectivo de mozas e mozos con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo o que son capaces de facer. O traballo en equipo, o afán de superación, a solidariedade, o esforzo, a admiración..., que nos tempos que corren son tan necesarios, son algúns dos valores que poderemos apreciar neste proxecto. 

O documental Máis ca vida: recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea estas persoas con diversidade funcional. Duración: 50 minutos. 

A curtametraxe Vida: unha mestura de arte, entretemento e comunicación que se converte na primeira experiencia audiovisual realizada por este colectivo, entrelazado cun elenco artístico de primeira categoría como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia, entre outros. Duración: 17 minutos. 

Ligazóns aos tráilers do documental e da curtametraxe e á páxina web: 

Tráiler VIDA 

Tráiler MÁIS CA VIDA 

3w.maiscavida.com 

 

Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa colaboración do grupo musical Máis boas cas patacas gañadoras do certame "Quero cantar" coa súa canción "son muller". Un alegato pola igualdade.

 

Tamén se están a preparar proxeccións para escolares nas sedes de Afundación de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevera, Vigo, Lugo e Ourense, conxuntamente coa Afundación Abanca . Ademáis de ser un proxecto que fala de metas, superación, capacidades e obxectivos no coloquio-debate posterior, o director e protagonistas fan unha interesante charla sobre o tema do acoso escolar, a empatía e a igualdade entre outros temas que van saindo por parte dos alumnos/as.

 

Para calquera información, poden chamar aos teléfonos 986 120089 - 986 120078 – 645 400 581