ENCONTRO FAMILIAS-TITORES. 25.X.2017
O vindeiro mércores 25 de outubro terá lugar, un ano máis, un dos encontros de maior transcendencia en cada curso escolar. Aquel que reune ao profesorado titor dos diversos cursos coas familias dos alumnos e alumnas titorados en cada curso e grupo.
O acto iniciarase coa benvida e presentación do equipo directivo ante os pais e nais que terá lugar no Salón de Actos do Instituto. Seguidamente cada titor/a dirixirase á aula cos pais e nais dos seus titorados onde se desenvolverá o encontro.
A hora de recepción de cada grupo de pais/nais terá lugar segundo a seguinte orde:
1º ESO 16:30
2º ESO 17:00
3º ESO 17:30
4º ESO 18:00
1º BAC 18:30
2º BAC 19:00
O obxectivo distes encontros é acadar un coñecemento máis personal entre o centro e as familiar e informar dos aspectos máis significativos do curso que comeza.